Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/03/2022 | Actualizada ás 20:00
A xornada do oito de marzo queda atrás deixando un ronsel de mobilizacións e proclamas nas rúas galegas. As principais cidades do país contaron con manifestacións na tarde do pasado martes para incidir na defensa dunha igualdade real e a necesidade de facer caer o patriarcado.
Unhas horas máis tarde, o Concello de Pontevedra publicaba un vídeo que encaixa coa vontade de achegar visibilidade á loita diaria de moitas mulleres cuxo traballo e sacrificio non é sempre recoñecido. Tal é o caso das vendedoras do mercado de abastos da cidade do Lérez, unha colectivo principalmente feminino que expón a dureza do seu día a día neste vídeo curto.
“Praceiras, nais, fillas, compañeiras, clientas e por riba de todo traballadoras. As nosas praceiras do mercado fálannos desde o corazón e cóntannos entre outras vivencias que significa para elas traballar na praza, como concilian e como ven a evolución da muller no mercado, pero sobre todo fálannos da súa fortaleza, do seu traballo e da súa vida ligada ao mar”, explican dende o Concello sobre esta metraxe na que queda clara a dureza do día a día destas mulleres.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.