Declarado culpable de homicidio o home que matou un hostaleiro en Ourense

Non aprecia atenuantes de drogadicción nin de confesión tardía, tal e como reclamaba a defensa, e a Fiscalía mantén a petición de 12 anos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/03/2022 | Actualizada ás 21:16

Comparte esta noticia

O tribunal do xurado declarou, por unanimidade, culpable dun delito de homicidio ao autor confeso de matar un hostaleiro en Ourense durante unha discusión por dous gramos de cocaína, nun suceso ocorrido en febreiro de 2020. As nove persoas que conformaron o xurado non aceptaron as atenuantes de drogadicción nin de confesión tardía, tal e como reclamaba a defensa no xuízo celebrado na Audiencia Provincial de Ourense.

Durante a primeira sesión do xuízo celebrado este pasado luns o acusado declarouse culpable, recoñeceu os feitos e asegurou estar "moi arrepentido", ademais de dicir que "a vítima non merecía morrer así". A pesar de que el mesmo asegurou ser o culpable, o xurado popular tivo acceso ás probas e determinou que, "despois da confesión do acusado, as testificales e as periciais presentadas" durante as sesións xudiciais, o acusado é responsable dun delito de homicidio.

"PERPLEXIDADE" DA DEFENSA

Pola súa banda, a defensa quixo deixar constancia da súa "perplexidade". Mostra a súa sorpresa por que non se aplicase a atenuante de confesión tardía, posto que o seu cliente "colaborou en todo momento tanto na posterior confesión como nos rexistros policiais". Deste xeito, manifestou que esperará á publicación da sentenza para "valorar" se recorre ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. 

Audiencia Provincial de Ourense
Audiencia Provincial de Ourense | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta