Chamamento á unidade entre os partidos da esquerda

A Esquerda destaca o "golpe moi importante ao entramado PP", pero pide un acordo entre os distintos partidos da esquerda.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 26/05/2014 | Actualizada ás 13:48

Comparte esta noticia

O PPdeG perdería as eleccións en Galicia se se celebraran hoxe pero, en fronte, tería a catro partidos diferentes. Unha situación que indica o potencial da esquerda en Galicia pero tamén a súa fragmentación.

Pablo Iglesias Turrión de Podemos
Pablo Iglesias Turrión de Podemos

Por iso, a Plataforma de partidos e movementos sociais A Esquerda (Nova Esquerda Galega-Republicanos) nunha primeira análise dos resultados destaca este feito e a derrota das políticas "que aplican as medidas antisociais e antidemocráticas da Troika".

En todo caso, e a pesar dos bos resultados obticos por AGE en Europa e Podemos, salienta o gran problema que existe na esquerda, a súa división. "Esta dase nin mais nin menos pola incapacidade en conxunto de poñer en primeiro plano a necesidade de articular a tan nomeada unidade en torno a uns obxetivos políticos en concreto", indica esta formación nun comunicado. Tamén destaca os resultados positivos doutras formacións de esquerda que conseguiron representantes no Parlamento Europeo, como Primavera Europea, Esquerra Republicana ou Os Pobos deciden - BNG.

Por iso, chama a impulsar unha fronte ampla rupturista, entendendo que a cuestión principal e acabar co actual "rexime político". "Os resultados en Galicia mostran as mesmas tendencias que no resto do estado, cos datos significativos de PODEMOS. A sumatoria de todos os votantes que sufragaron pola esquerda en Galicia, supera ampliamente aos votantes do PP e os partidos de dereitas", engade.

Neste sentido pide a convocatoria de eleccións anticipadas para "darlle un novo rumbo político e económico como queren e esixen os electores". "Para lograr este obxectivo debemos de mobilizarnos e conformar de forma urxente unha fronte política onde estea representada a maioría social agredida polo sistema", conclúe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

7 EnriqueCastro

Os meus aportes son: http://puntodencontro.es/algunas-ra... http://puntodencontro.es/lecciones-... Vai a celebrarse cedo un encontro estatal de organizacions de esquerda a nivel estatal. Estaría bó que tamén a nivel galego facer algún tipo dencontro. Algún voluntario?

6 Josiño

vos tranquilos que xa saleu Vence e máis Ana Miranda,decindo que ganaran as eleccións!!!que ledicia se lle pasou PODEMOS pola esquerda e sen darse conta.Amigos do bng o que queremos e unha fronte ampla,toda a esquerda xunta e deixar de lado ao ppsoe,pois estes van reducir o parlamento galego e será máis dificil derrotalos por separado,UNAMONOS!!!

1 Anova fora de IU

Ala, ide a facer frontes amplas coa UPYD ,e os cidadáns e os do PCE e os da Sexta. Os nacionalistas galegos xa temos a nosa front ampla.

2 josiño

Non me digas!!!a fronte ampla que é ese 7%?condeados a desaparecer,tempo ao tempo

5 anonimo

Fronte ampla rupturista xa existe: AGE-Anova. O que pasa é que se pasaron de rupturistas e racharon eles mesmos en varios pedazos.

4 Populismo

3 Mouch

Pois si, estou bastante dacordo coa análise. Se a denominada "esquerda ruturista" do estado é quén de acordar un programa conxunto de acción eleitoral --mellor non entrar en cuestións de cada organización--faría posíbel unha victoria nas eleccións máis clara ca do bipartito. A tarea de comunicación da age en 2012 e podemos agora é moi importante, pero a capacidade de traballo miltante do bng (respeito e recoñecemento para todas as correntes que o integran, e si, a upg) tampouco é desprezábel: foi unha campaña moi moi difícil para o bloque e non morreron. Só queda falarmonos entre nós co debido respeito, elaborar un programa de goberno. Os partidos máis antigos das esquerdas deben reflexionar moito e virar para dar o que se lles demanda: a upg,si, mais tamén o pce.