O BNG pide ao Goberno central que atenda as peticións do sector pesqueiro fronte á eólica mariña

Apela ao 'Manifesto de Burela' en defensa do sector.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 10/03/2022 | Actualizada ás 15:04

Comparte esta noticia

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou na Cámara baixa varias iniciativas nas que pide Goberno do Estado que atenda o contido do 'Manifesto de Burela' en defensa do sector pesqueiro para protexelo dos prexuízos que pode ter a eólica mariña.

O deputado do BNG, Néstor Rego
O deputado do BNG, Néstor Rego | Fonte: BNG.

Rego mantivo un encontro con representantes da frota que faena nos caladoiros do Cantábrico ameazados pola instalación de parques e complexos eólicos. Rego explica que o BNG rexeita a implantación da eólica mariña na costa galega polos "enormes prexuízos" que causaría ao sector e tamén polos danos nos ecosistemas mariños.

En concreto, a través do denominado 'Manifesto de Burela', asociacións e Federacións de Confrarías, así como armadores e outras organizacións alertan sobre os diferentes proxectos de implantación de enerxía eólica mariña, que consideran que "pon en perigo a actividade pesqueira por canto as instalacións se pretenden situar en caladoiros de pesca e tamén na proximidade de espazos mariños que gozan dalgún tipo de protección".

Rego sinala que a plataforma continental galega "non é apta" para a instalación de proxectos de eólica mariña por ser "moi estreita". "Esta conformación natural e xeolóxica implicaría que os aeroxeradores deberían colocarse a moi pouca distancia da costa, e afectarían directamente os caladoiros principais da nosa frota de baixura, ademais dos prexuízos para a biodiversidade mariña".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta