A Deputación da Coruña editará un catálogo sobre a exposición polo centenario da bandeira galega

Esta exposición está a percorrer a provincia da man da área de Normalización Lingüística da deputación. Tras pasar por Sada, Santiago e Ribeira, este xoves abre as súas portas en Carballo para terminar a súa itinerancia en San Sadurniño.

Por E.P. | A Coruña | 10/03/2022 | Actualizada ás 19:40

Comparte esta noticia

Un catálogo aglutina a exposición '1921-2021. 100 anos da bandeira no Palacio Municipal da Coruña', que conmemora o aniversario desde a primeira vez na historia en que a insignia galega ondeou nun edificio institucional, concretamente no Concello da cidade herculina.

Presentación catálogo exposición centenario bandeira galega
Presentación catálogo exposición centenario bandeira galega | Fonte: EP

Esta obra, editada pola Deputación da Coruña a través do servizo da imprenta provincial, foi presentada este xoves ante o alumnado do Ciclo Superior de Deseño Gráfico do IES Rosalía Mera. No acto participaron a deputada de Normalización Lingüística, María  Muíño, o comisario da mostra Manuel Cranio e ilustrador e  exalumno Luís  Sendón.

Muíño destacou "a importancia" da exposición que recolle o catálogo por "dar luz" sobre unha parte da historia que resulta descoñecida por "unha gran parte" da sociedade.

Durante a presentación, Cranio e  Sendón explicaron ao alumnado todo o proceso de investigación, organización e creación dos distintos materiais que deron lugar á mostra definitiva.

EXPOSICIÓN ITINERANTE

Esta exposición está a percorrer a provincia da man da área de Normalización Lingüística da deputación. Tras pasar por Sada, Santiago e Ribeira, este xoves abre as súas portas en Carballo para terminar a súa  itinerancia en San Sadurniño.

Os comisarios da mostra, Cranio e Henrique  Torreiro, a través de diversos documentos históricos e co asesoramento do historiador Xosé  Alfeirán, crearon un cómic que ilustra o nacemento e a evolución da bandeira galega e que foi debuxado por Alberto  Taracido e Rubén Rial.

A homenaxe tamén inclúe unha selección de obras de ilustradores da plataforma 'Coruña Gráfica' que, en conxunto, ofrecen unha visión particular e persoal da bandeira en diversos contextos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta