Os xornalistas Mónica Bernabé, Pablo González, Víctor Guerrero e Érika Reija, candidatos ao XVIII Premio Couso

Segundo sinala a organización nun comunicado, as candidatas e candidatos, que se distinguiron polo seu defensa da liberdade de prensa, foron propostos polos colexiados do CPXG, asociados do Club de Prensa de Ferrol ou por entidades e persoas relacionadas coa comunicación.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/03/2022 | Actualizada ás 20:17

Comparte esta noticia

A xornalista destacada polo seu traballo en Afganistán Mónica Bernabé, o informador encarcerado en Polonia baixo a acusación de espionaxe Pablo González, o enviado especial de TVE á guerra de Ucraína Víctor Guerrero, e a correspondente de TVE en Moscova Érika Reija son os candidatos ao XVIII Premio José Couso de Liberdade de Prensa.

Na décimo oitava edición deste galardón organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e o Club de Prensa de Ferrol ten unha gran presenza o conflito actual entre Rusia e Ucraína.

Segundo sinala a organización nun comunicado, as candidatas e candidatos, que se distinguiron polo seu defensa da liberdade de prensa, foron propostos polos colexiados do CPXG, asociados do Club de Prensa de Ferrol ou por entidades e persoas relacionadas coa comunicación.

Como recollen as bases do premio, unha comisión específica encargouse de escoller o catro candidaturas finalistas entre todas as propostas. Agora ábrese o prazo para elixir a candidatura gañadora, para o que poderán votar todos os colexiados e colexiadas do CPXG e asociados e asociadas do Club de Prensa de Ferrol ata as 14,00 horas do 7 de abril.

SOBRE AS CANDIDATURAS

Mònica Bernabé é unha comunicadora catalá coñecida especialmente polo traballo que desenvolveu como xornalista en Afganistán, onde viviu case oito anos, e polo seu labor como defensora dos dereitos humanos nese país. Na actualidade, é responsable da sección de Internacional do diario Ara.

Pablo González é un xornalista e politólogo vasco especializado na información da órbita ex soviética. Mentres informaba sobre o Donbass, foi acusado de "prorruso" polos servizos secretos ucraínos e convidado a abandonar o país. De volta en Polonia, cubría a chegada de refuxiados cando foi detido pola intelixencia dese país. Actualmente atópase no cárcere de Rzeszów, acusado dun delito de espionaxe.

Victor Guerrero, informador asturiano cunha ampla traxectoria nos medios públicos estatais, cubriu recentemente a guerra de Ucraína como enviado especial para Televisión Española.

Érika Reija, xornalista lucense experta no mundo arabe, traballa na sección internacional dos servizos informativos de TVE desde o ano 2004. O pasado 5 de marzo, abandonaba a corresponsalía de Moscova, que ocupaba desde 2017, despois de que Rusia aprobase unha lei que sanciona con ata 15 anos de cárcere a publicación de informacións que o goberno considere falsas.

Mónica Bernabé, Pablo González, Víctor Guerreiro e Érika Reija, candidatos ao XVIII Premio Couso. CPXG
Mónica Bernabé, Pablo González, Víctor Guerreiro e Érika Reija, candidatos ao XVIII Premio Couso. CPXG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta