A Xunta dubida da chegada da alta velocidade ás cidades galegas a curto prazo

Pide á ministra de Transportes que "concrete" a chegada do AVE a todas as urbes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/03/2022 | Actualizada ás 13:36

Comparte esta noticia

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, considerou necesario que a ministra de Transportes, Raquel Sánchez, concrete a chegada da alta velocidade a todas as cidades galegas tras a posta en marcha do AVE que une Madrid e Ourense.

"Vemos que a historia se repite e esperamos que non se volvan a dar vaivéns nas datas e nos compromisos", sostivo a conselleira ao ser preguntada nunha rolda de prensa por unha resposta parlamentaria na que o Goberno situou o cumprimento dos tempos comprometidos en 2018 coa finalización da variante de Ourense e non coa chegada dos trens Avril.

Respecto diso, na xornada na que a ministra visita Galicia, a conselleira sostivo que as últimas noticias en relación á alta velocidade galega sinalan que "a historia se repite" e non hai "concreción sobre cando chegará a alta velocidade ao resto de cidades galegas".

Así as cousas, Ethel Vázquez asegurou que, "a día de hoxe" o Goberno galego "está preocupado" porque se "descoñecen" as previsións por parte do Goberno de España da chegada dos trens Avril necesarios para reducir un tempo de viaxe de 20 minutos".

"Descoñecemos se vai ser este verán, como se nos trasladou", lamentou a titular de Infraestruturas, que criticou que "agora sementen dúbidas para que os trens Avril cheguen este verán", uns vehículos que conforme apuntou, necesítanse para "para aproveitar a tempada alta e o Xacobeo.

A Conselleira De Infraestruturas E Mobilidade, Ethel Vázquez, Nunha Rolda de prensa Ofrecida Este Venres. DAVID CABEZÓN @ XUNTA
A Conselleira De Infraestruturas E Mobilidade, Ethel Vázquez, Nunha Rolda de prensa Ofrecida Este Venres. DAVID CABEZÓN @ XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta