A área Sanitaria de Ferrol deixará de vacinar no recinto feiral este domingo para facelo no Arquitecto Marcide

En concreto, por parte da área sanitaria ferrolá concretouse que o Laboratorio do Hospital Arquitecto Marcide estará aberto entre as 9,30 e as 14,00 horas para calquera persoa que desexe pór a vacina de modo libre.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/03/2022 | Actualizada ás 17:22

Comparte esta noticia

A área Sanitaria de Ferrol seguirá coa vacinación fronte á Covid-19 no recinto feiral de FIMO ata este domingo, día 13 de marzo, tras o que continuará desde o día 14 a actividade no Laboratorio do Hospital Arquitecto Marcide, na planta baixa.

En concreto, por parte da área sanitaria ferrolá concretouse que o Laboratorio do Hospital Arquitecto Marcide estará aberto entre as 9,30 e as 14,00 horas para calquera persoa que desexe pór a vacina de modo libre.

Alí citaranse tamén a persoas para as diferentes recuperacións dos diversos grupos de idade, tanto de segundas doses como de reforzo. A excepción será o venres 18 pola tarde cando haberá tamén vacinación para os máis pequenos, de cinco a 11 anos, tanto para recuperación de primeiras como para segundas doses.

A actividade en FIMO continúa ata este domingo. A mañá deste sábado 12 será destinada a segundas doses de menores de cinco a 11 anos. E a partir do luns a actividade seguirá en horario matutino, coa recuperación das persoas nos distintos tramos de idade e vacinación de modo libre de quen non a recibiu ata a data.

Segundo informou esta área sanitaria, a vacinación libre, a recuperación de distintos grupos de idade e a continuación da inmunización dalgúns dos máis pequeno na tarde do venres 18, supoñen os eixos da semana próxima no ámbito da vacinación fronte á Covid-19.

A CORUÑA

Outras áreas sanitarias, como a da Coruña e Cee, seguirá a semana próxima coa vacinación fronte á Covid-19 nos hospitais de Oza e de Cee, en horario de 9,00 a 14,00 horas e 15,00 e 20,00 horas, respectivamente.

Nesta área ata o xoves centrarase en repescas e autocitas e o venres 18 en horario de tarde proseguirá a campaña de inmunización de nenos de cinco a 11 anos, con 450 menores convocados no Hospital de Oza de 15,00 a 20,00 horas e outros 30 no de Cee no mesmo horario.

Polo seu lado, nas xornadas do sábado 19 e do domingo 20 unicamente haberá repescas e autocitas no Hospital de Oza en horario de 9,00 a 14,00 horas.

Hospital Arquitecto Marcide, Ferrol
Hospital Arquitecto Marcide, Ferrol | Fonte: Páxinas Galegas

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta