Temas: XORNALISMO

"O bo xornalismo custa diñeiro e require un investimento"

O Parlamento galego acolleu un encontro organizado polo Foro Xornalismo 2030, no que se recoñeceu o papel clave da profesión na pandemia e na guerra en Ucraína.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 11/03/2022 | Actualizada ás 19:20

Comparte esta noticia

O Parlamento de Galicia acolleu este venres a celebración dunha xornada sobre xornalismo político e parlamentario, organizada polo Foro Xornalismo 2030, coa participación de directivos e xornalistas de diferentes medios de comunicación. A inauguración correu a cargo do presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices; o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda; e o presidente e o director do Foro Xornalismo 2030, Fernando Jáuregui e Sergio Martín, respectivamente, entre outros.

Xornada sobre xornalismo parlamentario e político
Xornada sobre xornalismo parlamentario e político | Fonte: Parlamento de Galicia.

Os relatores, nas mesas, analizaron desde diversas perspectivas a situación do xornalismo actual e os problemas que afectan á profesión, como as 'fake news'; e a maioría coincidiron en que "o bo xornalismo custa diñeiro e require un investimento". O cume incluíu unha homenaxe aos sete xornais centenarios de Galicia polo seu "relevante papel" na pandemia.

Na inauguración, o presidente do Parlamento de Galicia, Santalices, advertiu que "a desinformación constitúe un dos principais riscos aos que se enfrontan as democracias occidentais, como se viu nas crises de Ucraína, no Brexit ou no proceso secesionista en Cataluña".

Para Santalices, "a sede de inmediatez" dos tempos actuais constitúe o caldo de cultivo idóneo para as 'fake news'. Ao seu xuízo, "sempre é máis cómodo, e para moitos máis atractivo, abrir unha mensaxe de WhatsApp ou mirar un tuit, ignorando orixe e fiabilidade, que dedicar uns minutos á lectura repousada dunha crónica, a ver un informativo de televisión ou a escoitar algunha radio".

Nesta conxuntura, o titular do Lexislativo galego subliñou que durante os dous anos de pandemia por covid-19 "non se reparou suficientemente na importancia do traballo dos xornalistas que día a día cumpriron coas súas obrigas profesionais en circunstancias especialmente complexas". "Para eles o noso recoñecemento e agradecemento sincero", aseverou.

Gratitude que o presidente do da Cámara estendeu tamén "a todos os xornalistas que actualmente se atopan sobre o terreo informando sobre a guerra de Ucraína".

"GARANTE" DA HISTORIA DEMOCRÁTICA GALEGA

Na súa intervención, Rueda situou o xornalismo parlamentario galego como "garante" da súa historia democrática, á vez que enxalzou "o rigor e a profesionalidade" dos xornalistas especializados en información política e puxo en valor a importancia dunha prensa libre e de calidade como servizo público aos cidadáns.

Ademais, lembrou o traballo realizado pola prensa galega nos 40 anos do Estatuto de Autonomía, un tempo no que "a prensa non só informou senón que tamén fixo pedagoxía para, a través das súas novas e dos seus artigos, formar á poboación na nova etapa histórica que se abría".

Por iso, vaticinou que as próximas xeracións coñecerían a actividade parlamentaria de Galicia non polos diarios de sesións, senón "polas crónicas dos xornalistas, polas hemerotecas dos xornais e polas publicacións do propio Parlamento de Galicia".

Temas: XORNALISMO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

2 MEDULIO

Non, non é do todo certo, require honestidade e valentía. Cartos xa llos dan a La Voz, la Región, el Faro..., e así informan aos cidadans do que pasa en Galicia, comportándose como a voz do seu amo

1 Gamela

Pero só con honestidade e valentía non se pagan as facturas ! Deberamos ser algo máis xenerosos á hora de manter a independencia dos medios se non queremos que nos dean gato por lebre ! http://www.galiciaconfidencial.com/...

1 Gamela

Rueda non pode ser máis cínico: "a importancia dunha prensa libre e de calidade como servizo público aos cidadán" Durante a pandemia os medios pecharon con muros de pago ese Servizo Público ! Que prensa libre é a que vive directamente das subvencións dos gobernantes ? Curioso que no foro non estivera La Voz de Galicia ! O día que inviten a estes aquelarres a GC falamos de prensa libre !

1 Gamela

Sen unha prensa libre e sen liberdade de expresión a Democracia é outra cousa ! https://twitter.com/00Memoria/statu... Como estamos a ver tódolos días... Adiante GC !