Unha queima sen medidas de seguridade, causa do incendio en Arnoia

Por E.P. | Santiago de Compostela | 11/03/2022 | Actualizada ás 20:15

Comparte esta noticia

Axentes do Grupo de Investigación da Unidade de Policía Autonómica de Ourense esclareceron que o incendio que tivo lugar no Concello de Arnoia o pasado 7 de marzo, luns, foi causado por unha queima que se realizaba sen as debidas medidas de seguridade.

Un bombeiro apaga un incendio forestal
Un bombeiro apaga un incendio forestal | Fonte: Álvaro Ballesteros - Europa Press.

O lume afectou a 0,13 hectáreas no lugar dos Chaos. No transcurso da investigación os axentes tomaron declaración a un home como presunto autor do incendio, xa que nese momento realizaba unha queima sen as debidas medidas de seguridade, o que provocou que o lume se propagase á leira lindeira.

A Consellería de Presidencia informou que na extinción do incendio actuaron un axente forestal, unha brigada e unha motobomba. Así mesmo, sinalaron que as dilixencias xa foron remitidas ao Xulgado de Instrución de garda de Ribadavia.

Por outra banda, comunicaron que no que vai de campaña antincendios forestais neste 2022 foron detidas ou investigadas pola Policía Autonómica un total de 9 persoas como presuntas autoras de incendios forestais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta