O Sergas convoca 1.070 prazas fixas para persoal de enfermaría

A data límite para a inscrición neste proceso é o 15 de xullo de 2022.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 11/03/2022 | Actualizada ás 20:31

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) publicará no Diario Oficial de Galicia (DOG) nos próximos días unha convocatoria de 1.070 prazas fixas para persoal de enfermaría das institucións sanitarias do organismo. A Consellería de Sanidade explicou que así se acordou este venres na reunión da mesa sectorial de Sanidade, que estivo presidida pola directora xeral de Recursos Humanos do Sergas, Ana Comesaña Álvarez.

Enfermeiros. SATSE - Arquivo
Enfermeiros. SATSE - Arquivo

En concreto, as prazas convocadas son 1.070, acumulando as ofertadas nos anos 2019, 2020 e 2021, sendo posible que se incremente este número coas que resulten de aprobación do decreto de oferta pública de emprego para 2022, que se publicará antes do 1 de xuño, e que conterá prazas tanto de taxa de reposición ordinaria como da taxa adicional de estabilización.

Ademais de incorporar algún axuste no baremo respecto de procesos anteriores, nesta convocatoria, e no actual contexto, reducirase a nota de corte para superar o exame específico da fase de oposición do 50% ao 35%.

A convocatoria incluirá unha puntuación adicional por servizos prestados durante a pandemia nesta categoría sanitaria, en aplicación dos disposto na lei de medidas fiscais e administrativas de Galicia, co dobre de valor.

Tamén se incluirán medidas recollidas no primeiro Plan de Igualdade con respecto ás mulleres xestantes con problemas para desprazarse no momento de realizar o exame. Na convocatoria redúcese a produción interna dun 50% a un 25% das prazas para dar maior número de prazas ao acceso libre.

A Xunta, así mesmo, sinalou que o 60% da puntuación na convocatoria é para a fase de exame e 405 para méritos de formación, experiencia e outros, como a investigación e publicacións, así como a puntuación adicional por prestación de servizos en pandemia.

Co propósito de que poida participar o maior número de aspirantes posible, incluíndo as persoas da última promoción de enfermaría que terminarán os seus estudos universitarios o próximo mes de xuño, o Servizo Galego de Saúde fixará a data límite para a inscrición neste proceso no 15 de xullo de 2022.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta