O persoal de Alu Ibérica A Coruña non alcanza a unanimidade que requiría a empresa para cobrar as indemnizacións

A decisión levaría á renuncia de todas as demandas en calquera ámbito xudicial contra a multinacional.

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 11/03/2022 | Actualizada ás 21:09

Comparte esta noticia

O persoal de Alu Ibérica celebrou este venres un referendo para votar se os traballadores aceptan a proposta de indemnizacións de Alcoa. A decisión debía ser aceptada por "unanimidade", tal e como requiría a empresa, por todos os afectados e levaría a renuncia de todas as demandas en calquera ámbito xudicial contra a multinacional.

Traballadores de Alu Ibérica cunha pancarta, durante unha manifestación fronte á fábrica de Alcoa, a 3 de marzo de 2022, na Coruña
Traballadores de Alu Ibérica cunha pancarta, durante unha manifestación fronte á fábrica de Alcoa, a 3 de marzo de 2022, na Coruña | Fonte: M. Dylan - Europa Press.

O resultado da votación, segundo informou o comité de empresa nun comunicado, foi de 222 votos a favor, 36 en contra e 3 en branco. O censo de afectados, segundo a proposta, era de 295 persoas, das que participaron no sufraxio 261.

A oferta de Alcoa obtivo un apoio maioritario, pero non unánime como requiría o acordo coa empresa que ademais suporía o despedimento colectivo de todos os empregados polo ERE presentado pola administración concursal o pasado 18 de febreiro.

Alcoa expuxo aos persoais galego e asturiano o pasado 3 de marzo un acordo que dea carpetazo a todos os procedementos legais relacionados coa venda das súas antigas plantas en Avilés e A Coruña e que permita unha solución "rápida e razoable" para todas as partes involucradas.

As plantas foron vendidas a Parter en 2019, nun proceso avalado polo Goberno español e apoiado polos representantes dos traballadores.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta