A Deputación de Pontevedra destina 1,5 millóns de euros do Plan Concellos a nove localidades da provincia

Tamén foron aprobados os 90.080 euros da parte que lle corresponde a Meaño do plan ReacPon para a mellora da eficiencia enerxética e acondicionamento do seu pavillón de deportes e cuxo orzamento, financiado totalmente pola institución provincial, é de 450.400 euros.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/03/2022 | Actualizada ás 19:24

Comparte esta noticia

A Deputación de Pontevedra aprobou novas subvencións por 1,5 millóns de euros para nove municipios da provincia ao amparo do Plan Concellos. Segundo informan, trátase de sete achegas da liña 1 de Investimentos coas que os municipios da Estrada, Valga, Caldas de Reis e Cerdedo-Cotobade realizarán actuacións de seguridade viaria, instalarán mobiliario ou contarán con nova maquinaria.

Ademais, con estes investimentos a Deputación financia tamén achegas municipais para as actuacións do Plan ReacPon en Vilaboa, Meaño e Salvaterra de Miño. Na mesma liña tamén foron aprobadas dúas achegas da liña 3 de Emprego coas que Barro e Campo Lameiro contratarán a 22 persoas.

No marco da liña 1, para a comarca do Deza foi aprobada unha subvención de 260.139 euros para que A Estrada conte con novo mobiliario urbano (bancos, papeleiras, xardineiras...) en varias rúas nas que o concello está a facer intervencións de humanización.

Na comarca do Salnés, Valga contará con 139.527 euros para sufragar a achega municipal do convenio coa Deputación para a mellora da seguridade viaria e da mobilidade peonil en 450 metros da EP-8501 Valga- Martores. Deste xeito a Deputación financia o total da obra que ascende a 463.292 euros.

Tamén foron aprobados os 90.080 euros da parte que lle corresponde a Meaño do plan ReacPon para a mellora da eficiencia enerxética e acondicionamento do seu pavillón de deportes e cuxo orzamento, financiado totalmente pola institución provincial, é de 450.400 euros.

Na comarca de Pontevedra para Caldas de Reis, a Xunta de Goberno aprobou 126.708 euros para subministración de máquina minicargadora con accesorios para limpeza e mantemento coa que se mellorará a eficacia e eficiencia dos traballos de mantemento das estradas rurais. Para Cerdedo- Cotobade foron aprobados 107.963 euros para financiar unha liña media tensión aérea para alimentación do balneario do San Xusto e para Vilaboa 531.974 eurospara a achega municipal do ReacPon que servirán para ampliar a Casa do Concello, cun orzamento de 993.834 euros sufragado integramente pola Deputación de Pontevedra.

Ademais, á comarca do Condado-Paradanta chegarán 88.867 euros para que Salvaterra achegue a achega municipal do ReacPon para humanizar cale Marqués de Viana, cuxo orzamento ascende a 586.867 financiados integramente pola Deputación.

Ademais, ao amparo da liña 3, Barro contará con 98.332 euros para contratar a 12 persoas e Campo Lameiro con outros 84.374 euros para facer o mesmo con 10 traballadores. Entre os perfís que demandan estes concellos atópanse condutores, albaneis ou peóns de limpeza ou forestais.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva | Fonte: Rafa Estévez - Deputación de Pontevedra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Abriuse a caixa para mercar vontades ? Eleccións municipais en 2023 ! Feijoo camiño de Madrid e por fin a marquesa de Toralla conquista a provincia de Pontevedra a golpe de talonario. A mesma estratexia que leva empregando ao longo de 15 anos o Déspota de Vigo ! A ver se o BNG tamén saca tallada... serán colaboradores necesarios na escalada á Presidencia da Xunta da Feminista de Salón Carmela Silva Rego (agora ocupada en indultar ao que garda silencio - a lei da omertá é a única lei que se respecta en Vigo)