Encontran o cadáver dunha muller no punto limpo da vila do Carballiño

A Policía Xudicial espera o que determine a autopsia, realizada este domingo, para avanzar na investigación que está baixo secreto.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/03/2022 | Actualizada ás 17:34

Comparte esta noticia
A Garda Civil de Ourense confirmou o achado dun cadáver durante a madrugada deste sábado no punto limpo do Carballiño na provincia de Ourense.

Axentes da Garda Civil
Axentes da Garda Civil | Fonte: Ministerio do Interior.

Trátase dunha muller de 38 anos veciña da localidade e de nacionalidade brasileira.

A Policía Xudicial espera o que determine a autopsia, realizada este domingo, para avanzar na investigación que está baixo secreto.

O achado realizouno un operario do servizo de recollida de lixo durante a quenda de noite cando estaba baleirando o camión na planta de residuos, aínda que nun primeiro momento creu que era un maniquí. O xulgado do Carballiño fíxose cargo das dilixencias.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta