Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/03/2022 | Actualizada ás 10:09
Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atendeu a 42 persoas debido a 32 accidentes de tráfico rexistrados este pasado fin de semana na rede viaria galega, das que unha faleceu.
Segundo informou o 061, a Central de Coordinación recibiu entre as 15,00 horas do pasado venres 11 e as 23,59 horas do 13 de marzo 45 chamadas en relación con accidentes de tráfico. O domingo foi o día con máis sinistros, cun total de 17.
Os recursos sanitarios mobilizados polo 061 ascenderon a 42. En concreto, as ambulancias realizaron 40 saídas e os equipos sanitarios de Atención Primaria prestaron asistencia en dous accidentes. En 32 casos os feridos foron levados aos centros sanitarios correspondentes, en nove ocasiones recibiron atención no lugar do sinistro e unha morreu no punto do accidente.
A proporción de homes atendida ascendeu ao 55 por cento e a de mulleres situouse no 45%. Pola súa banda, en canto ás idades dos feridos, o 33% dos atendidos tiña entre os 40 e 54 anos. Por provincias, a de Pontevedra foi a que rexistrou máis sinistros durante os desprazamentos do fin de semana, con 16; seguida da da Coruña, con seis; e Lugo e Ourense, con cinco cada unha.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.