Convocados os premios Torrente Ballester de narrativa e Castelao de banda deseñada da Deputación da Coruña

Segundo informa, as bases poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia (BOP) do pasado 11 de marzo e o prazo de presentación de traballos publicarase en próximas datas.

Por E.P. | A CORUÑA | 14/03/2022 | Actualizada ás 16:56

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña convocou dúas dos seus premios á creación: o Torrente Ballester de narrativa e o Castelao de banda deseñada.

Segundo informa, as bases poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia (BOP) do pasado 11 de marzo e o prazo de presentación de traballos publicarase en próximas datas.

O Torrente Ballester chega á súa 34 edición convertido "un dos premios máis veteranos dos que convoca a Deputación e un dos premios literarios máis prestixiados do panorama literario galego", en palabras do responsable provincial de Cultura, Xurxo Couto.

A dotación económica deste certame é de 15.000 euros para a persoa gañadora, tanto para obras presentadas en galego como para as presentadas ao premio en lingua castelá.

Pola súa banda, os premios Castelao chegan á décimoséptima edición para repartir 13.000 euros, 6.500 ao gañador en cada modalidade a concurso: a xeral, á que se poderán presentar obras dirixidas a todo tipo de lectores e lectoras, e a LIX, para obras dirixidas especificamente ao público lector infantil e xuvenil.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, nunha reunión telemática da FEMP. DEPUTACIÓN DA CORUÑA
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, nunha reunión telemática da FEMP. DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta