Sofre dous accidentes de circulación mentres escapaba dun control de velocidade

Cuadriplicaba a taxa de alcol.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 14/03/2022 | Actualizada ás 17:08

Comparte esta noticia

A Garda Civil investiga penalmente por un delito contra a seguridade viaria un veciño da Estrada que sufriu dous accidentes de circulación despois de darse á fuga nun control de velocidade e quebrantar a inmobilización do vehículo. Ademais, cuadriplicaba a taxa de alcoholemia.

Foi un equipo de radar móbil da Garda Civil o que detectou ao condutor en tres ocasiones distintas, en apenas dúas horas, "circulando cun notorio exceso de velocidade" nun tramo limitado a 50 quilómetros por hora na Estrada. Como consecuencia destas incidencias, a patrulla do Destacamento de Tráfico tratou de darlle o alto para notificalo. Con todo, o home deuse á fuga e, dous quilómetros despois, chocou con outro vehículo.

Por mor deste accidente, efectúaselle a proba de alcoholemia, alcanzando valores que cuadriplican a taxa máxima permitida, polo que se determina a inmobilización do vehículo.

A pesar de ser advertido en varias ocasións de que non podía seguir a marcha, o condutor "fixo caso omiso ás prevencións e, cando se ausentaron os axentes, violentou o dispositivo de inmobilización que tiña instalado o vehículo e reemprendeu a marcha, que concluíu instantes despois cun novo accidente".

Condutor interceptado na Estrada. GARDA CIVIL
Condutor interceptado na Estrada. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta