Críticas por xustificar a discriminación ao galego

Ciberirmandade de Fala remite un comunicado no que denuncia que o Hospital Modelo da Coruña defende a unha das súas médicas que recriminou a un neno por falarlle en galego alegando que non é galega...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 17/07/2007 | Actualizada ás 11:29

Comparte esta noticia

Tanto a nai afectada como o seu fillo son galegofalantes e non era a primeira vez que acudían a unha consulta neste centro médico, polo que se sentiron "moi abraiados" pola actitude da doutora. A direción do hospital, en troques de pedir disculpas e tomar medidas contra a profesional, difundiu un comunicado no que explicaba que a médica non é galega e non ten competencias lingüísticas abondas para comprender a nosa lingua; continuaba o comunicado falando dos criterios de seleición do persoal no que, como non, o idioma propio de Galiza e dunha boa parte dos galegos e galegas non importa o mais mínimo.

A CiberIrmandade considera que esta nova agresión á nosa lingua e aos nosos dereitos non pode ficar sen resposta. Envía un correo electrónico ao Hospital Modelo solicitando que tomen medidas para que a situación non se volva repetir, abran unha investigación do sucedido, poñan en funcionamento un servizo de normalización lingüística e, como mostra clara da sua vontade, galeguicen o seu web. Envía o prego dende eiquí e agora."

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 81 comentarios

11 gon

ten razón "de aqui", o meu médico de cabeceira é o que máis sabe do mundo, nen embargo como é chinés non podo contarlle o que me pasa. poren, eu estou aprendendo chinés, agardo que a miña dor non sexa grave e poder rematar o curso do Profesor Mauder antes de que a doenza vaia a máis. Como o que importa é a súa ciencia...teño que conformarme

10 estevo das estrivadas

Deixemos de dicer parvadas, ten razón "de aqui"...que pasaría se con iso que tanto cacarexa sobre a liberdade de idioma un médico lle recriminase a unha nai por lle falar en castelán e que se dirixa a el en galego...verdade que vós, os nacionalistas españois, pareceríavos normal?...si "de aqui" ou dacolá?

9 Oscar

Sería interesante preguntar canto tempo levaba en Galiza. Se xa levaba vinte anos, e tedo en conta que os médicos son xente intelixente; non tén escusa para non saber galego.
Por facer o mesmo ao revés, non vexades a que se montou en Catalunya.
http://www.elperiodico.com/default....

8 clara

Fáltannos moitos médicos porque ,entre outras cousas, estan fartos de "puteos", en Inglaterra e en Portugal recíbenos encantados, pola sua formación non por como dominen o idioma, eso ben despois.
Esta noticia é de fai, polo menos, un mes

7 de aquí

Bueno es gravísimo...

A ver si dejamos de decir y fomentar tonterías señores nacionalistas.

Simplemente un hospital debe seleccionar a su personal en función de su valía y competencia, es decir, de sus méritos y capacidades.

Eso es lo importante y no el idioma en que hable.

Porque les recuerdo que aquí coexisten dos idiomas y si un médico que está trabajando en un hospital X aún no entiende el gallego y pide que se utilice el castellano ¿ qué problema hay?

Pues simplemente ninguno, salvo para fanáticos que prefieren ser atendidos en gallego antes que por un buen profesional.

Por otro lado el hospital no tiene ningún motivo ni para abrir una investigación, ni para galleguizar su web, ni hacer imposiciones idiomáticos de ningún tipo...

Y máxime siendo un hospital privado...a ver si os váis enterando de que EXISTE la propiedad privada y en materia idiomática en ella total libertad.