Entran en servizo os primeiros caixeiros para mellorar a cobertura e inclusión financeira no rural galego

O conselleiro de Facenda visitou este martes os novos servizos financeiros de Abanca en Chandrexa de Queixa.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 15/03/2022 | Actualizada ás 15:26

Comparte esta noticia

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, visitou este martes os novos servizos financeiros de Abanca en Chandrexa de Queixa (Ourense), un concello que levaba máis de dez anos sen ter caixeiros nin oficinas bancarias e no que os veciños tiñan que facer percorridos de ida e volta de máis de 30 quilómetros para sacar diñeiro.

Na visita, Corgos subliñou o compromiso do Goberno galego para garantir a prestación de servizos financeiros de calidade a todos os galegos e galegas con independencia do seu lugar de residencia.

Un usuario utiliza un caixeiro automático
Un usuario utiliza un caixeiro automático | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo.

Durante a súa intervención, o conselleiro explicou que agora os veciños da localidade disporán de caixeiros automáticos, dun servizo de asistencia financeira co que poder solucionar calquera dúbida e contratar produtos como nunha oficina bancaria convencional, e dun servizo de formación financeira e banca electrónica para que poidan empregar os servizos bancarios a través das novas tecnoloxías.

Corgos comentou que, semana a semana, iranse ampliando estes servizos financeiros en cada un dos 38 concellos que se adheriron á iniciativa froito do acordo entre a Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), que busca dar unha solución a máis de 51.000 galegos e galegas.

Por agora, ademais de Chandrexa de Queixa, xa están en funcionamiento estes servizos no concello de Arnoia (Ourense), Lousame e Toques (A Coruña) e Páramo (Lugo).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta