As imaxes máis impactantes da calima ao seu paso por Galicia

Os ceos da país tinxíronse de laranxa polo paso dunha masa de pó chegado de África.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/03/2022 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Non era a apocalipse, senón unha masa de aire sahariano cargado de po en suspensión. Aínda que a situación do ceo galego semella xa máis próxima á normalidade, as autoridades meteorolóxicas destacan que no conxunto da península a problemática podería ir a máis no conxunto da semana e mesmo provocar auténticas choivas de barro, como xa apuntou o Galicia Confidencial. 

Vista do norte de Santiago de Compostela no mércores 15 de marzo de 2022, baixo o ceo da calima
Vista do norte de Santiago de Compostela no mércores 15 de marzo de 2022, baixo o ceo da calima | Fonte: Twitter: @BeniLado

Cheguen ou non as temidas precipitacións contaminadas a Galicia, o certo é que o particular estado que o ceo presentaba na tarde do pasado martes 15 deixou unha serie de instantáneas para a memoria, fragmentos dun martes no que o mundo parecía algo a medio camiño entre Mad Max e o México das películas americanas. Esta é unha selección das fotos máis rechamantes da calima en Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta