As consecuencias da guerra en Ucraína xa se senten en Pontevedra, segundo o seu alcalde

"A falta de subministracións xa se está notando nas empresas da comarca e tamén nas que traballan para o Concello", dixo o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/03/2022 | Actualizada ás 17:14

Comparte esta noticia

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, expresou este mércores a súa "profunda preocupación" ante a crise humanitaria que supón a guerra en Ucraína e as consecuencias que a invasión de Rusia provoca, que na cidade do Lérez xa se deixan notar nas obras municipais.

"A falta de subministracións xa se está notando nas empresas da comarca e tamén nas que traballan para o Concello", dixo o alcalde do BNG, que se mostrou convencido de que "todo isto só vai supor máis paro, ERTES, e por tanto menor actividade económica e problemas de encarecemento do custo da vida e empobrecimiento da poboación".

A guerra en Ucraína será un dos temas que se tratará o vindeiro luns 21 de marzo no pleno da corporación municipal. Será a través de dúas mocións, unha presentada por BNG e PSOE e outra polo PP, despois de que, este mércores na xunta de portavoces, o tres partidos non fosen capaces de acordar unha declaración institucional.

Nunha posterior comparecencia ante os xornalistas, Fernández Lores sinalou que desde o Concello só queda "esixir de maneira contundente que pare a guerra, para evitar o masacre da poboación ucraína e as dificultades económicas que se derivan da invasión rusa".

O alcalde de Pontevedra reiterou que "manter as guerras non só non resolve nada, senón que só trae miseria" polo que entende Fernández Lores que todos deben esixir "de maneira contundente" que se deteña este conflito armado e que se retome a vía do diálogo. En nome de todos os pontevedreses, o alcalde reclamou aos organismos internacionais que "presionen" para pór fin á invasión rusa porque "canto máis dure todo isto, máis dano está a provocarse a todos".

Miguel Anxo Fernández Lores
Miguel Anxo Fernández Lores

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta