Homenaxe a un loitador republicano

Amigos da República remitenos un comunicado sobre a morte de José Bóveda Formigo, un home de Ventosela que fundara a CNT no Ribeiro a comezos da II República, polo que estivo preso, e fuxiu, da prisión do Forte de San Cristóbal, en Pamplona, unha fuga na que participaron máis de 1.000 persoas e na que unicamente 3 acadaron a liberdade...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 18/07/2007 | Actualizada ás 19:29

Comparte esta noticia

"...porque un se sente na obriga de espallar aos catro ventos

que esta Terra, tantas veces mal representada pola mansedume e docilidade das bestas de carga, tamén soubo de rebeldías".

(Verbas tiradas do limiar do libro de Dionisio Pereira

"A CNT na Galicia 1922-1936")

Dende hai 10 anos, nas datas en torno ao 14 de Abril celébrase en Ourense a Festa da República. A de 2002 estivo dedicada ao polo papel xogado polos/as sindicalistas ao longo da República. Para personificar tal feito foi elixido José Bóveda Formigo, natural da localidade ribadaviense de Ventosela. Daquela tiña 90 anos cumpridos

Quen é José Bóveda? Un home bo e xeneroso que lembraba como naquel Abril de esperanzas de 1931 "uns poucos rapaces falamos un día de que eiquí non había ningún sindicato,. Entón decidimos montar a CNT". Lembraba que "entre 4 ou 5 montamos o primeiro sindicato na comarca, para facer fronte aos caciques. Os xornais eran entón de 3,5 pesetas e 20 horas de traballo. Nós pedimos 5 pesetas e 8 horas. Tiñamos que ir polas portas ás noites explicando o que queriamos, coa negativa dos empresarios, aínda que o conseguimos ao final".

Co Golpe de Estado, o seu posicionamento custoulle unha condena de 30 anos de cadea por "Rebelión Militar"(?) nun esperpéntico xuízo no Paraninfo do Instituto de Ourense. Conducido inicialmente á prisión de Celanova, foi levado o 26 de xuño de 1937 á prisión do Forte de San Cristóbal, en Pamplona. de onde se fuga o 22 de maio de 1938 xunto con 1085 presos, entre eles 204 galegos (deles 33 eran da provincia de Ourense), segundo el explicaba e así consta nos libros como o de Félix Sierra "La fuga de San Cristóbal".

Detido aos poucos días, José foi condenado a 17 anos de cadea máis, en setembro de 1945 fóronlle revisadas as penas e saíu á rúa, regresando de novo a Ribadavia, aínda que mal mirado de novo. Por iso tivo que emigrar a Barcelona. Os traballos da vida e a xubilación foron os motivos do seu regreso á súa Ventosela natal, ás lembranzas, aos veciños e á familia.

Cando tivemos a honra de coñecelo e falar con el contaba que ao seu regreso a casa, "atopeime cos fascistas de sempre", lembraba, sinalando que "un día no bar ‘Moderno’ de Ribadavia estaban 4 ou 5 nunha mesa cun amigo meu de esquerdas. Cando eu ía ao café só falaba con quen se podía falar. Eu sentei noutro lado, Cando me dixeron que fora sentar con eles, dixen que con fascistas non estaba. Recoñezo que era un pouco maleducado ao tratar con esa xente, pero era o que había que facer. Para evitar problemas, marchei para Barcelona no ano 47".

Co pesar polo pasamento do amigo José o 16 de xullo, pero coa alegría de telo coñecido, unimos as nosas voces á súa para cantar aquilo de "ás barricadas, ás barricadas, polo trunfo da Confederación!

Saúde e República!

Amigos da República

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

12 cuturru

Se non era da UPG non ten ningún mérito

11 galiza ceive!

cando as cortes de cadiz declararon a constitucion de 1812, os franceses tiñan sitiada por terra a cidade. Cadiz nunca foi invadida porque é facilisima de defender, e os ingleses daban continuos alimentos por mar, onde tiñan a supremacía (afortunadamente, gracias a batalla de trafalgar). Pero xa daquelas, galiza levou 23 deputados, a xunta con máis representación gracias a sua superpoboación.

Napoleon simplemente abandoou galiza porque non podía manter o control das tropas sen un increible custo. As "alarmas" galegas fixéronse famosas pola sua crueldade e cantidade. E fumos a primeira onde as tropas imperiais se retiraron. Precisas e moitas forzas pra controlar un terreo tan disperso como o noso. A liberdade de galiza non ten heróes con nome ñe apelido, como foi noutros sitios malasaña ou agustina de aragon. Aquí foi moito máis cruenta, con grupos de 300 persoas atacando poboados enteiros, como corcubion e cee, onde a batalla foi brutal (as cartas dos franceses describen unhas praias cheas de cadáveres de poboaciñon civil). E certo que quedou galiza totalmente a sua sorte, sendo pasto da rapiña sen control da xente, pero servimos de exemplo o resto da peninsula (como se pode comprobar lendo os periodicos da epoca) para a guerra de guerrillas que ocorreu despois.

10 galiza ceive!

Anonimo, paréceme ben que defendas a monarquia de gaioso. Fai ó que queiras, pero todos sabemos que non falta moito para que o estado acabe desfacéndose, e remate esta agonía permanente na que vivimos. Temos que ir organizando a nosa nova constitución.

9 Oscar

Tan fascistoides eran que en 1936 decidieron ir a votar contradiciendo todos sus principios políticos. ¿ah, no sabía? Fascista es el que cede por pragamatismo. O sea, fascista no es el que sale a las manifestaciones cantando el cara al sol con una bandera preconstitucional, fascista no es el que quiere imponer sus principios "ultraderechosos" por encima de la mayoría. No, no... que de aquí nos dice que fascista es el que valora la practicidad.
¡Quién le diese a Rajoy tener la mitad de sentido de Estado que tenía la CNT! ¡Y eso que no tenían mucho, peor algo más que Rajoy tenían!
Repsecto a lo de Barcelona, ¿por qué sólo le echas la culpa a la CNT? Certo que su "guerra y revolución a la vez" era irresponsable, pero los disturbios de Barcelona feron entre CNT y POUM por un lado y PSOE y PCE por otro; pero a esos ni los nombras.
Sin coincidir con la CNT, no son fascistas.
Te recuerdo, por cierto, que la CNT y el anarcosindicalismo representaban la corriente moderada del anarquismo, más próxima a los planteamientos de Proudhon que a los de los rusos (Bakunin, Kropotkin)

8 Oscar

O primeiro sitio liberado, máis que nada porque non foi invadido, foi Cádiz. Andalucía foi a primeira zona de España en quedar liberada; aínda que todo esto con axuda británica. Galiza liberouse rápido e sen axuda pero tivo méis que ver con que Napoleón non lle fixo moito caso. As unidades militares aquí eran mínimas comparando con outras cando daquelas Galiza era das rexións máis poboadas.