Un centenar de traballadores de orquestras e outras actividades do espectáculo reciben axudas por 174.705 euros

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/03/2022 | Actualizada ás 12:40

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este xoves a resolución das axudas concedidas a traballadores estacionales de orquestras e doutras actividades relacionadas co sector do espectáculo afectados por peches decretados no marco da pandemia, que constatan un centenar de beneficiarios por un importe total de 174.705 euros.

A Xunta convocou no seu día estas axudas cunha partida de medio millón de euros, coa que se pretendía apoiar a persoas que, polas condicións dos seus contratos de carácter estacional, non puideron acollerse aos ERTE nin a outras medidas de apoio ao sector cultural e tributarias do ámbito estatal.

O Goberno ofrecía unha axuda de 500 euros por cada unha das mensualidades --incluídas entre o 14 de marzo de 2020 e o 13 de outubro de 2020-- nas que as que os solicitantes non obtivesen apoios públicos como froito do parón da súa actividade en festas e eventos populares habituais nesa época do ano.

Festival de Orquestras de Verbena, na Cidade da Cultura, a 25 de setembro de 2021, en Santiago de Compostela. Álvaro Ballesteros - Europa Press
Festival de Orquestras de Verbena, na Cidade da Cultura, a 25 de setembro de 2021, en Santiago de Compostela. Álvaro Ballesteros - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta