A Deputación da Coruña acomete melloras na estrada de San Pedro de Visma onde morreu unha persoa

A Deputación da Coruña ultima a mellora da estrada de San Pedro de Visma onde o martes faleceu nun accidente de tráfico unha persoa, un mozo que ía de copiloto no coche, e cuxo condutor está investigado por homicidio imprudente.

Por E.P. | A CORUÑA | 17/03/2022 | Actualizada ás 15:20

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña ultima a mellora da estrada de San Pedro de Visma onde o martes faleceu nun accidente de tráfico unha persoa, un mozo que ía de copiloto no coche, e cuxo condutor está investigado por homicidio imprudente.

A preguntas dos xornalistas con motivo da súa presenza na firma dun convenio na institución provincial, o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, manifestou que nesa estrada estaba proxectada a mellora da seguridade viaria e que agora tratarán de aceleralo "na medida do posible" de face á súa execución este mesmo ano.

Sobre a posibilidade de que pase a titularidade municipal, Formoso manifestou que o organismo provincial está a elaborar un plan para que a posible cesión destas estradas a concellos "non sexa froito da improvisación".

"Temos todo tipo de peticións e causísticas para ofertar as que teñan sentido", dixo Formoso citando aquelas que teñan ámbito máis urbano.

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, na Alcaldía de Vigo, antes de manter un encontro co rexedor olívico.. CONCELLO DE VIGO
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, na Alcaldía de Vigo, antes de manter un encontro co rexedor olívico.. CONCELLO DE VIGO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta