Piden que a Mascarada Ibérica de Vilariño e Viana sexa Patrimonio Inmaterial da Humanidade

Na VIII edición do Festival Internacional Vibo Mask Ibérica participarán case 40 entroidos de España, Portugal e Italia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/03/2022 | Actualizada ás 18:43

Comparte esta noticia

A Deputación de Ourense e os concellos de Vilariño de Conso e Viana do Bolo traballan nun proxecto para que a Mascarada Ibérica sexa declarada como Patrimonio Inmaterial da Humanidade. O presidente da institución provincial, Manuel Baltar, reuniuse este xoves coa alcaldesa de Vilariño de Conso, Melisa Macía, e o alcalde de Viana do Bolo, Andrés Montesinos, para avanzar na candidatura conxunta, á que Baltar garantiu o apoio total da Deputación.

Diso informou a institución provincial nun comunicado, no que destaca que o goberno provincial reforzou o apoio económico ao Festival Internacional Vibo Mask Ibérica. Nesta VII edición participarán case 40 entroidos de España, Portugal e Italia.

As actividades empezan este venres cunha conferencia no IES Carlos Casares de Viana do Bolo, municipio que acollerá pola noite unha 'foliada'. O fin de semana, as actividades repartiranse entre Viana e Vilariño de Conso, con concertos, teatro, exposicións, mercado de produtos locais e artesanía.

No encontro, ademais, o presidente da Deputación e os alcaldes de Vilariño de Conso e Viana do Bolo tamén abordaron a mellora da OU-0908, a estrada que une ambos os municipios. O proxecto incluiría, entre outras liñas de actuación, a apertura de curvas e a mellora da pavimentación.

Mascarada Ibérica 2020 en Viana do Bolo. Foto: M.M.
Mascarada Ibérica 2020 en Viana do Bolo. Foto: M.M.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta