Xa está en marcha "Tocar ao Concello": unha recompilación do patrimonio na Veiga

O obxectivo principal deste proxecto responde á procura e recompilación do patrimonio material e inmaterial da Veiga.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 18/03/2022 | Actualizada ás 13:13

Comparte esta noticia

Tocar ao Concello (TAC) é unha iniciativa posta en marcha pola Corporación internacional Otra Escuela, xunto ás cooperativas galegas Feitoría Verde e Outonía. Esta iniciativa ten lugar grazas ao financiamento da Fundación LaCaixa e da Deputación de Ourense, contando co apoio do Concello da Veiga.

Imaxe do Concello de A Veiga
Imaxe do Concello de A Veiga

Cunha duración dun ano e estruturándose arredor de varias propostas, o obxectivo principal responde á procura e recompilación do patrimonio material e inmaterial deste territorio (lendas, recursos, roteiros, microtoponimia, etc.).

TAC contrúese dende unha metodoloxía participativa, situando o punto de partida na creación e fortalecemento dun Grupo Motor (GM), composto pola veciñanza local e apoiado polo equipo promotor que prestará acompañamento técnico. Dende o GM, promoverase unha investigación autónoma arredor do obxecto de estudo, onde se definirá o desenvolvemento e horizonte do proxecto.

Os recursos e iniciativas recollidos, volcaranse nun mapa, que axude á promoción e dinamización do territorio. Este será realizado, ao igual que a campaña visual do proxecto, pola ilustradora da mesma comarca, Eva Piay.

De xeito paralelo a este proceso, ponse en funcionamento unha Oficina de Asesoramento ambulante (OA), que non conta cun espazo físico, avogando pola descentralización e a posibilidade de mobilizarse para chegar ás necesidades veciñais.

A Oficina, ofrece de xeito online e presencial, apoio e acompañamento a toda aquela persoa que desexe iniciar un proxecto - social ou económico - no territorio, así coma recursos e ferramentas para a promoción de iniciativas xa consolidadas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta