A Xunta anuncia a creación dun plan de formación para o persoal das escolas infantís

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/03/2022 | Actualizada ás 13:52

Comparte esta noticia

A Xunta creará un plan de formación para o persoal das escolas infantís, que permitirá "actualizar, mellorar e innovar" nos proxectos educativos dos centros galegos. O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, e o xerente do Consorcio Galego de Igualdade, Perfecto Rodríguez, participaron este venres nas xornadas sobre os retos na educación de 0 a 3 anos, con profesionais do sector, que se celebraron na Cidade da Cultura.

Nestas xornadas, profesionais de distintos centros de toda Galicia tiveron a oportunidade de conversar e compartir experiencias sobre o seu traballo e os retos de cara ao futuro, a través de dúas mesas redondas. Entre os temas a debate tratáronse metodoloxías e accións innovadoras, o fomento da atención á diversidade ou o uso de espazos exteriores para a vida cotiá.

Jacobo Rey e Perfecto Rodríguez resaltaron que as escolas infantís demostraron ser, ademais dun servizo de conciliación fundamental, un lugar no que os máis pequenos "gañan en habilidades e dan os seus primeiros pasos cara o coñecemento". Así, puxeron de relevancia "o importante papel que desempeñan os profesionais" deste sector na identificación de posibles problemas no desenvolvemento e fomentando a súa creatividade.

O director xeral de Familia e o xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar participan nunhas xornadas.. XOÁN CRESPO
O director xeral de Familia e o xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar participan nunhas xornadas.. XOÁN CRESPO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta