O Encontro Irmandiño constitúese en colectivo

O Encontro Irmandiño, con 15 membros no Consello Nacional e tres na Executiva do BNG, constituirase mañán como colectivo organizado dentro do Bloque tras unha asamblea constituínte que terá lugar en Compostela...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 20/07/2007 | Actualizada ás 18:49

Comparte esta noticia

O Encontro Irmandiño supón unha nova corrente política integrada no Bloque Nacionalista Galego. Tivo un protagonismo especial na pasada XII Asamblea Nacional da forza frentista, xa que a lista apresentada polo Encontro Irmandiño -encabezada polo histórico dirigente do BNG, Xosé Manuel Beiras- obtivo case 500 votos que representan un 17% da militancia.

O obxectivo principal do Encontro Irmandiño é o de encentar un proceso de rexeneración democrática auténtica, profunda e efectiva do BNG, de apertura á sociedade e á base simpatizante, orientada baixo os principios de asemblearismo e fraternidade, de auténtico respecto á pluralidade interna e de maior concreción de mecanismos que permitan aumentar a capacidade de debate, participación e decisión do conxunto dos/as militantes (democracia participativa).

No acto, que dará comezo ás 10:30 da mañá, elixirase unha Coordenadora Nacional formada por 10 membros. A sesión de clausura será de carácter público e aberto aos medios de comunicación e contará coa intervención final de Xosé Manuel Beiras".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

16 Xerman

Tiven a sorte de coñecer o longo da miña vida alguns persoeiros inimitabels.Coñecin un cantante de boleros con 78 anos que hay poucos que se poñan diante en entonazón,sentimento,melodia e saber facer.E verdade cos de operazón trunfo berran moito, teñen moita gorxa.Coñecin o matemático André Wheil con 8o anos e a sua lucidez nas demostrazóns deixarian brancos a moitos que aproban "por oposicións" o po nomenclatura con 30 uo 40 anos.Vin algún diretor de orquestra finado non hai moito,e o chelista rrecentemente finado que despertan envexas nestas persoas novas que teñen toda a enerxia do mundo.Asi que pensemos que Aristóteles,Kant ou Marx estarian hoxe maís o dia e cunha maior capacidade de discernimento que a maioria dos pedantes escritores e pseusopensantes de éxito e renombre,As cabezas ben amobladas non son como o formento que cando se pasa aceda a masa.Nunca chegan a alcanzar a masa crítica salvo pola morte.XERMÁN .FERROL

15 Cítrico

As vellas glorias resístense a xubilarse. Cun divismo raiano no patetismo, Beiras quere ir de prima donna e non pasa de starlette dunha astracanada.

14 Breixo

Beiras é o principal culpable da súa situación. Debeu no seu día aopiar ó millor candidato; que era, obviamente, Camilo.

A vida poucas veces dá unha segunda oportunidade. Mais a Beiras e Camilo deullela; nembargantes non foron quen de aproveitala: nada hai tan ilóxico como a non confluencia entre a Alternativa de Camilo e EN e o Encontro Irmandiño de Beiras. Se algo fica claro é que seguen instalados no minifundismo, e que o único que lles importa de verdade son os seus respectivos egos.

Entrementres o Quin ocupou o seu espacio: o nacionalismo de faciana amable.

Arestora, con Quin xa consolidado na Vicepresidencia, e ocupando o espacio do nacionalismo posible, resulta que o Beiras e o Camilo pretenden adiantalo pola esquerda e máis polo soberanismo: ¡cousas veredes!

En fin, chegou o intre de que as vellas glorias do BNG deixen de amolar. O seu tempo xa pasou. En boa medida por culpa deles. Pero en calquera caso: xa pasou.

13 Xerman

Coido que o BNG xa rompeu augas.O parto ten que ser inminente ou a criatura pode nacer morta.O antigo PNV escindeuse e non pasou na que non fose aclaramento de ideas e depurazón de concetos.En Catalunya tamen se deu no seu momento.Aquí na Galiza ainda non se deron nada maís que preñens.A antiga Coalición Galega papouna AP.A ANPG vai onde vai.O PNG queda o que queda.Estamos a facer unhas misturas ideolóxicas que o fin vai estoupar todo e so quedarán anacos para serivizo do PP e do PSOE.Teñen medo a libertade a vivir fora das as da galiña.A falsa unión polo denominador común do nacionalismo galego e o mesmo que lle está a pasar o PP co nazonalismo español.Xuntando conxuntos disxuntos no hay maís ca o conxunto vacio.XERMÁN .FERROL

12 Oscar

Beiras é un política da vella escola, pero parece que é o único capaz de facerlle fronte mínimamente aos da UPG; o que se precisa non é que se vaia sen máis, senón que teña un substituto xoven que non sexa da U.