Xuízo ao home de Vilanova que acoitelou ao seu veciño

Segundo a Fiscalía, a agresión veu motivada pola mala relación entre anbos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/03/2022 | Actualizada ás 14:57

Comparte esta noticia

Un home de Vilanova enfróntase a unha pena de 8 anos de prisión por acoitelar ao seu veciño, con quen tiña mala relación e ao que atacara con anterioridade. O home será xulgado este martes na sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra. Segundo o escrito de acusación da Fiscalía, o procesado tiña malas relacións co seu veciño e xa fora condenado anteriormente por causarlle lesións.

Na tarde do 2 de decembro de 2016, volveuno atacar, nesa ocasión cun coitelo, polo que se lle atribúe un presunto delito de homicidio en grao de tentativa. Así, esa tarde, cando o acusado chegaba ao seu domicilio en coche, viu ao seu veciño limpando con auga o camiño que daba á súa casa e, esgrimindo un coitelo de 13 centímetros de folla, aproximouse a el e espetoulle: "Denunciáchesme, cabrón".

A continuación, "co ánimo de acabar coa súa vida", abalanzouse sobre el e cravoulle o coitelo, primeiro nun brazo e logo no abdome, causándolle danos en fígado e outros órganos. A vítima tivo que ser intervida cirurxicamente e, ademais das cicatrices, quedaron secuelas derivadas da tensión postraumática grave.

Por estes feitos, a Fiscalía pide que o acusado sexa condenado a 8 anos de cárcere por un delito de homicidio en grao de tentativa, e que indemnice ao prexudicado en máis de 15.400 euros. Tamén pide que compense ao Sergas, pola atención prestada á vítima, en algo máis de 6.000 euros.

Audiencia Provincial de Pontevedra.
Audiencia Provincial de Pontevedra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta