Galicia á intemperie

Desculpará o noso Suso de Toro (Nunca Máis; Galicia á intemperie, 2003) que adopte o seu título para reflectirmos que nin o Goberno do Estado nin o galego existiran esta semana que rematamos, desque no luns 14-M principiara o paro dos transportistas.

Por X.A. Pérez-Lema | A Coruña | 20/03/2022

Comparte esta noticia

Na nosa Galicia a dependencia do transporte de mercadorías por estrada é ben superior ca no resto do Estado e da Europa, polas graves  limitacións do transporte ferroviario. Por outra banda, na Galicia a principal organización recoñecida de empresarios do sector (APETAMCOR-FEGATRANS; por certo nas antípodas da extrema dereita que o Goberno do Estado di que fomenta estas accións) está a apoiar esta folga, que tamén apoian no resto do Estado a maioría dos autónomos e pemes, mentres a organización patronal recoñecida, alicerzada nun conxunto de grandes operadores loxístícos que lle contratan o traballo ás pequenas empresas e autónomos que distribuén as mercadorías, a rexeita. Deste xeito, han  traballar a perdas, pois  que o prezo do gasóleo medrou nun 52% dende marzo de 2021.

Un membro dun piquete insulta e fai xestos aos camións que pasan en dirección A Coruña escoltados pola Garda Civil, durante o cuarto día de paros no sector dos transportes, a 17 de marzo de 2022, en Baralla, Lugo, Galicia (España). Os t. Carlos Castro - Europa Press
Un membro dun piquete insulta e fai xestos aos camións que pasan en dirección A Coruña escoltados pola Garda Civil, durante o cuarto día de paros no sector dos transportes, a 17 de marzo de 2022, en Baralla, Lugo, Galicia (España). Os t. Carlos Castro - Europa Press

Diante desta gravísima situación,  o Goberno do Estado ficou preso do discurso da patronal dos grandes operadores loxísticos, negando a representatividade das organziacións convocantes.. E prometendo medidas cara o 29-30 deste mes, cando éstas son inaprazábeis e xa foron adoptadas  polos Gobernos portugués (devolverá o exceso de recadación fiscal polo incremento de prezos) e  francés (subvencionará con 0.,15 cts por litro de gasóleo).

O Goberno do Estado trabucouse e ten de negociar axiña cos operadores do sector que amosaron ter a forza representativa, para adoptar esas medidas que non poden ser só fiscais, pois que teñen que it ao cerne e prohibir traballar a perdas, como lle obáis representativasrigan as industrias lácteas ao sector leiteiro galego.

E que fixo o Presidente da Xunta mentres? Campaña política cos afiliados do PP polo Estado español adiante, sen atender esta punxente realidade. E sen que a Xunta negociase tampouco coas organizacións galegas convocantes, que aquí si están recoñecidas como máis representativas. Semella que tampouco coñecía quen de verdade representa ao sector, malia ter as competencias executivas e de xestión

Nesta enésima edición de Galicia á intemperie soubemos, porén, de moi responsábeis  actuacións da sociedade civil, como a que o mécores 16.M permitiu, pola mediación da organización agraria Agromuralla que os transportistas  fornecesen as granxas con penso retido no peirao coruñés. Porque na Galicia estamos afeitos a autoxestionarmos as cuestións que desatenden uns Gobernos insensíbeis cos consumidores e pemes na esixencia  normativa e pouco atentos aos seus problemas.    

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.