Unha muller perde a vida tras envorcar o vehículo que conducía en Ourense

Aconteceu na N-525 sobre as 3:30 da mañá.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/03/2022 | Actualizada ás 11:04

Comparte esta noticia

Unha muller faleceu na madrugada deste domingo tras envorcar o vehículo no que circulaba na N-525 en Ourense. Segundo informou o 112 Galicia, o accidente ocorreu ás 03,30 horas. Nese momento, varias persoas contactaron co servizo de emerxencias para informar do envorco dun vehículo e engadían que unha persoa se situaba fóra do turismo tirada no chan.

Con estes datos, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias avisou de inmediato aos servizos sanitarios, aos Bombeiros de Ourense e de San Cibrao das Viñas, aos membros do GES de Pereiro de Aguiar, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local de Ourense e ao Servizo Municipal de Protección Civil de Barbadás. Xa no punto, os profesionais sanitarios tan só puideron confirmar o falecemento da muller.

Accidente entre dous camións e un turismo. GARDA CIVIL
Accidente entre dous camións e un turismo. GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta