Auxilian a un veciño de Betanzos tras inhalar fume por un incendio na súa vivenda

Aconteceu arredor das 14:00 no centro da vila.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/03/2022 | Actualizada ás 20:23

Comparte esta noticia

Os servizos sanitarios trasladaron este domingo a un home que presentaba síntomas de intoxicación tras producirse un incendio na súa vivenda, no concello coruñés de Betanzos. Segundo informou o 112 Galicia, sobre as 14,00 horas a Policía Local de Betanzos púñase en contacto coa central de emerxencias para informar deste incendio nunha vivenda da segunda planta dun edificio situado na rúa Nova. Nesa mesma comunicación, os axentes informaban que os demais veciños do inmoble estaban fóra das súas vivendas.

Con estes datos, o 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento dos Bombeiros de Betanzos e dos efectivos de Protección Civil da localidade. Ao finalizar os labores de extinción, os Bombeiros informaron o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia que o lume afectara á campá extractora e a parte do mobiliario da estancia da vivenda.

Camión de bombeiros
Camión de bombeiros | Fonte: Consorcio Provincial de Bombeiros de Ourense.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta