Novedades Carminha despídese dos escenarios "indefinidamente"

Os composteláns argumentan que senten a necesidade como grupo de ver todo en perspectiva "tomar aire, coller forzas e estar fóra".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/03/2022 | Actualizada ás 11:10

Comparte esta noticia

A banda compostelá Novidades Carminha anunciou que deixa os escenarios "indefinidamente" despois de 14 anos, cinco Lps e centos de concertos por toda España, Estados Unidos e México.

A través das súas redes sociais, a banda mostrouse agradecida ao público e a toda a xente que traballou con eles ao longo destes 14 anos. Ademais, valorou que os seus temas se reproducisen "millóns de veces" e chegaran a lugares que non se podían "imaxinar" cando empezaron. Por iso, decidiron botar o freo "indefinidamente" porque aseguran que necesitan "un descanso".

Os composteláns estenderon o seu agradecemento aos selos discográficos, promotores, produtores, técnicas, mánagers, xornalistas, realizadoras, deseñadores, fotógrafas, camareiros e todos os traballadores que os axudaron nesta etapa. Iso si, fan unha excepción: o persoal de seguridade, xa que sinalan que a maioría se portaron "regular".

Ademais, Novedades Carminha puntualizou que non van facer concertos de despedida coma se fosen "tonadilleros" nin tentarán "sacarlle a pasta" aos seus fans cun disco en directo ou un recompilatorio.

Os composteláns argumentaron tamén que "despois de tanta intensidade e de tanta enerxía" senten a necesidade como grupo de ver todo en perspectiva "tomar aire, coller forzas e estar fóra". Así mesmo, manifestaron que esperan "botalo de menos" para "oxalá" volver subirse aos escenarios de novo.

A banda resalta que son "colegas de sempre e para sempre" e que se queren moito entre eles e ao seu público. Desde a súa primeira maqueta no ano 2008 ata o seu último single 'Típica Cara' en 2021 publicaron cinco discos que sacaron a bailar a miles de persoas durante 14 anos de moita música e moita verbena.

A banda de música Novedades Carminha / EP / Europa Press
A banda de música Novedades Carminha / EP / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta