O PPdeG traslada a presión social contra o Goberno central a Galicia

Puy critica que o Goberno continúe "ausente" e urxe medidas "inmediatas" fronte á alza do combustible. O PSdeG sostén que o Executivo estatal actúa para dar unha resposta "seria, sosegada, coherente".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 21/03/2022 | Actualizada ás 13:59

Comparte esta noticia

O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, censurou que o Executivo estatal continúe "ausente" e que aínda non tomase medidas para baixar os prezos dos combustibles a pesar de acordo alcanzado coas comunidades autónomas na última Conferencia de Presidentes que, entre outras cuestións, contempla dar respostas á alza do prezo da enerxía.

Nunha rolda de prensa ofrecida este luns na Cámara galega, o dirixente popular subliñou que hai sectores importantes da economía galega que padecen unha situación complicada motivada pola subida dos custos de produción e o desabastecemento dalgunhas materias que derivaba da invasión rusa a Ucraína e que agora se ve agravada polo paro do transporte.

"Pensamos que na dimensión armada houbo unha rectificación, na humanitaria estamos a traballar para poder acoller a refuxiados e, na cuestión informativa, tamén se actuou", sinalou antes de criticar que no ámbito económico o Goberno central "estea aínda ausente". Puy incidiu que as consecuencias desta situación afectan mesmo á prestación dalgúns servizos sen que o Executivo estatal tomase " medidas".

Fronte a iso, o portavoz parlamentario do PPdeG defendeu as medidas aprobadas pola Xunta a pasada semana, entre a figura a axilización do bono social, unha inxección extraordinaria para "blindar" o transporte público, así como inxectar liquidez nas gandarías, con vías de financiamento do circulante e anticipos de axudas, entre outras cuestións.

O PSDEG DEFENDE A ACTUACIÓN DO GOBERNO

Preguntado respecto diso noutra rolda de prensa ofrecida este luns, o portavoz parlamentario do PSdeG, Luis Álvarez, sostivo que o Goberno de España está a actuar para dar unha resposta "seria, sosegada, coherente" e "consensuada" cos sectores implicados.

Tras referirse a a rebaixa de impostos que propón o PPdeG como a "solución sinxela", Luís Álvarez explicou que a "situación é moi complicada" e require de reunións cos sectores afectados a través de "un proceso de escoita activa". "E nese espazo está a moverse o Goberno do Estado", afirmou o socialista, que incidiu en que se trata de adoptar unha "solución coordinada a nivel europeo, estatal e autonómico".

Pedro Puy (PP) en rolda de prensa. PP
Pedro Puy (PP) en rolda de prensa. PP | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta