Díaz materá a coalición de Goberno pero denuncia o "oscurantismo" de Sánchez co Sáhara

Rexeita a nova posición do xefe do Executivo que considera "incoherente", adoptada con "enorme opacidade" e "formas incorrectas".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/03/2022 | Actualizada ás 14:04

Comparte esta noticia

A vicepresidenta segunda do Goberno e ministra de Traballo, Yolanda Díaz, cargou hoxe contra o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, por entender que foi "incoherente" por cambiar de postura sobre o Sahara con "enorme opacidade", sen dar explicacións e sen contar co socio de Goberno. Pero rexeitou romper o Executivo por entender que sería unha gran irresponsabilidade.

A titular de Traballo rexeitou que Unidas Podemos deba abandonar o Goberno para ser coherente coa súa postura. Así asegurou que o seu partido é coherente co acordo de Goberno, mesmo dixo que o conxunto das forzas políticas son coherentes, mentres que Sánchez é, na súa opinión, o "incoherente" por cambiar de posición sen dar explicacións.

No entanto e a pesar de cargar duramente contra a decisión do Xefe do Executivo, que agora apoia unha autonomía para o Sahara proposta por Marrocos, deixou claro que non vai romper o Goberno de coalición. Considera que neste momento sería unha decisión de gran "irresponsabilidade".

CONVERSACIÓN PENDENTE CO PRESIDENTE DO GOBERNO

Pero si sinalou de que ten pendente unha conversación co presidente do Goberno na que teñen que abordar tres asuntos: a crise económica e social que está atravesando España; a crise enerxética e "o que ten que ver coa ONU, o Sahara e Marrocos e as previsibles consecuencias".

Díaz rexeita que estea a incumprir o acordo de Goberno que sinalaba que as decisións en política exterior as adopte o xefe do Executivo. Neste sentido, admitiu que a política exterior está marcada polo presidente do Goberno e o ministro de Exteriores.

Pero precisou que isto "non obsta" para que as grandes cuestións de fondo sexan "compartidas" nun goberno de coalición. Máxime, engadiu, cando se trata dunha decisión "de tal calibre" e que causou, segundo precisou a vicepresidenta, unha enorme preocupación no conxunto do país. Neste sentido, lembrou ao presidente que hai que cumprir as resolucións de Nacións Unidas e que quen se está desmarcando delas é o PSOE.

FORMAS INCORRECTAS DE SÁNCHEZ

Pero insistiu en que son un goberno de coalición e que os asuntos de fondo "dialóganse entre as partes". De feito, criticou as "formas incorrectas" coas que procedeu Pedro Sánchez non só con Unidas Podemos, senón con "o conxunto do país".

Trátase, precisou, dun "cambio radical" que merece o respecto e o diálogo con todas as forzas políticas. En definitiva, considerou que se traba dun "cambio de fondo" que "en absoluto" comparte e que se adoptou con "enorme opacidade".

A vicepresidenta segunda e ministra de Traballo, Yolanda Díaz. Isabel Infantes - Europa Press
A vicepresidenta segunda e ministra de Traballo, Yolanda Díaz. Isabel Infantes - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta