Feijóo sitúa en 2025 a conclusión do novo Chuac, pero "só do 80% das obras"

Di que se trata do maior investimento da sanidade pública galega, con 430 millóns de euros de orzamento.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 21/03/2022 | Actualizada ás 17:43

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, situou este luns o prazo de tres anos, en 2025, para ter concluído o 80% do novo complexo hospitalario universitario da Coruña (Chuac), nun acto no hospital onde presentou o proxecto ante autoridades e persoal sanitario.

Ao acto, asistiron tamén os conselleiros de Infraestruturas e Sanidade, Ethel Vázquez, e Julio García Comesaña, respectivamente, ademais da alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e o xerente do Chuac, Luís Verde Remeseiro, entre outros.

Na súa intervención, resaltou que se trata do maior investimento da sanidade pública galega, con 430 millóns de euros de orzamento, e destacou que se trata dunha actuación "pensada para as persoas" e para dotar á cidade do hospital necesario para cubrir as necesidades dos próximos 50 anos.

"Un complexo no que se apostará por un modelo de asistencia sanitaria baseado nos hospitais de día, nas cirurxías sen ingreso e no traballo en unidades multidisciplinares e no que se integre a alta tecnoloxía e se impulse a investigación e a docencia, coa creación dun edificio para este fin", resumiu.

Sobre a fase cero, xa en marcha, e que estarán terminadas a finais de verán ou principios de outono, lembrou que incluirán, entre outras dotacións, unha nova planta de hospitalización e a ampliación das Urxencias, do servizo de farmacia e das camas en UCI.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presenta o proxecto do novo Chuac. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICIA
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presenta o proxecto do novo Chuac. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta