Menos incendios urbanos en Galicia tras os confinamentos de 2020

O 112 Galicia sinala os descoidos e falta de mantemento de aparellos como causas maioritarias destes sinistros.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/03/2022 | Actualizada ás 13:54

Comparte esta noticia

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia (CIAE 112 Galicia) sinalou que a maior parte dos incendios urbanos que xestionou prodúcense por descoidos e o mantemento "precario ou nulo" de aparellos de calor e chemineas.

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, presentou este martes, xunto ao xerente da Axencia Galega de Emerxencias (Axega), Marcos Araújo, o balance de actividades do 112 durante 2021, informou a Xunta nun comunicado. Sobre as incidencias, Villanueva asegurou que se trata de "unha mala tendencia que se pode romper" con "máis vixilancia nos fogares".

Segundo este balance, indicou a Xunta, o CIAE atendeu entre 2017 e 2021 un total de 10.704 incendios urbanos e 626 acumulacións de gas. Unha tendencia que foi en aumento coa pandemia (2020-2021), durante a que se contabilizaron un total de 4.394 e 261 chamadas relacionadas con estas tipoloxías.

En 2021, o 112 Galicia atendeu un 12% menos de chamadas (853.529) respecto ao exercicio anterior (969.999) e o número de incidencias xestionadas mantense en cifras semellantes, cun lixeiro descenso con respecto a 2020 (230.204 en 2021 e 236.343 en 2020).

Villanueva incidiu en que, durante os meses de confinamento, o aumento de incidencias debeuse ao maior uso das cociñas e calefaccións, o que o responsable autonómico relacionou coa maior presenza nas casas no peor momento da emerxencia sanitaria.

CONSOLIDACIÓN DA XCOLOCALIZACIÓN

Por outra banda, o director de Emerxencias confirmou a consolidación das novas tecnoloxías para a mellora da xeolocalización en situacións de emerxencia, mediante ferramentas como o ecall e o envío de coordenadas.

Por último, Villanueva valorou o comportamento da cidadanía, "cada vez máis responsable" no uso do servizo de emerxencias ao evitar duplicar a información sobre un mesmo incidente.

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, xunto ao xerente da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), Marcos Araújo, durante a presentación do balance de actividades do 112 durante 2021.. XUNTA
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, xunto ao xerente da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), Marcos Araújo, durante a presentación do balance de actividades do 112 durante 2021.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta