Feijóo, acusado de machista por unha palabras adicadas a Ana a Pontón no Parlamento

"Supoño que non quere que me vaia porque lle vai entrar unha crise de ansiedade", díxolle á líder do BNG, o que causou indignación nas filas nacionalistas e tamén nas do PSdeG.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 22/03/2022 | Actualizada ás 18:11

Comparte esta noticia

A comparecencia do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, abriu unha nova polémica na Cámara galega por mor das súas palabras nas que dixo, na réplica á portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, que supón que "non quere" que se vaia "porque lle vai a entrar unha crise de ansiedade".

Feijóo e Ana Pontón no Parlamento
Feijóo e Ana Pontón no Parlamento | Fonte: EFE - Arquivo.

A frase iniciada na súa segunda quenda de intervención non foi máis aló, pero os murmurios nas bancadas polas palabras pronunciadas traducíronse, despois na resposta de Pontón, asegurando que non ía entrar na "indignidade" desas palabras aludindo ás declaracións de Feijóo --en rolda de prensa a semana pasada-- sobre violencia vicaria e o que denominou "intrafamiliar". "Todo é machismo, é unha cousa!", escoitouse no hemiciclo desde os asentos do PP.

"Vexo que non ten límites", afeoulle Pontón a Feijóo cando lle volveu tocar intervir, para recriminarlle, especificamente, que empregue a fórmula de violencia intrafamiliar. Tamén lle reprochou que as mulleres teñan que soportar "tantas insinuacións en política": "Estamos fartas!".

"A violencia vicaria é machismo, claro que si, señora Prado", respondeu desde a tribuna Pontón, a quen apoiou o portavoz parlamentario socialista, Luís Álvarez. O deputado socialista reprendeu as palabras do presidente autonómico e lamentou a "ridiculización permanente" e a "falta de respecto político" cara á oposición xeral e gañouse o aplauso da bancada socialista e nacionalista no seu apoio a Pontón.

En defensa do mandatario autonómico saíu o portavoz parlamentario popular, Pedro Puy, quen apelou a que Pontón usara expresións como "manadas na política, 'Terminator', mentireiro ou submiso" para censurar a Feijóo.

Tamén o propio Feijóo lamentou as "descualificacións" e a "demagoxia". "Eu estou adoitado a insultos", afirmou Feijóo, quen dixo que se podería facer "unha listaxe" revisando os diarios de sesións da Cámara, pero rexeitou "pronuncialos".

LEIS DE IGUALDADE

Feijóo rexeitou, así mesmo, "leccións de dignidade" por parte da oposición e rematou preguntando se "é machista por utilizar o termo ansiedade"

Tras insistir en rexeitar a "demagoxia constante e continua", reivindicou que Galicia é "unha das poucas comunidades" que recoñeceu por lei a violencia vicaria, polo que descualificou as críticas e que se "use a violencia machista a prol de e en contra de". "Alá vostedes", exclamou, para afirmar que el non se vai "apartar" das leis de igualdade, os consensos e os plans de igualdade.

Ao longo da tarde, tiveron o seu eco as palabras de Feijóo durante as mocións, durante as cales a viceportavoz do BNG, Olalla Rodil, pediu a todas as deputadas que "non lle rían as grazas" aos seus compañeiros homes e afirmou que ela mesma é moi "firme" cos seus colegas de formación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Feminismo de salón

Pois Olalla Rodil e Ana Pontón xa poden ir dando uns cursiños aos seus alcaldes, cos que non ´son tan "firmes" como din: por exemplo o alcalde de Mondoñedo recentándolle Prozac a Elena Candia: https://www.cronica3.com/2015/04/el... Ou o alcalde de Bueu (BNG) decíndille á voceira do PP que "atópase nun estado de ansiedade permanente" https://concellodebueu.gal/o-gobern... Menos demagoxia por favor!!!