O proxecto 'Migramiño' para a conservación de hábitats fluviais opta ao Premio Natura 2000 da Comisión Europea

Trátase dunha iniciativa de colaboración entre Galicia e Portugal

Por E.P. | Santiago de Compostela | 22/03/2022 | Actualizada ás 20:23

Comparte esta noticia

A Xunta anunciou que o proxecto transfronteirizo 'Migramiño', creado para mellorar o estado de conservación dos hábitats fluviais e das principais especies migratorias de peixes opta ao Premio Natura 2000, convocado pola Comisión Europea.

Proxecto Migramiño
Proxecto Migramiño | Fonte: Xunta de Galicia.

A Consellería de Medio Ambiente destacou que este proxecto foi a única iniciativa de cooperación entre España e Portugal que conseguiu ser finalista na sexta edición destes galardóns, nos que participaron un total de 40 proxectos presentados por países membros da Unión Europea.

O departamento que dirixe Ángeles Vázquez trasladou que o ámbito de intervención do proxecto 'Migramiño' abarca cinco espazos Rede Natura 2000, dous deles en Galicia --Zona de especial conservación (ZEC) Baixo Miño e ZEC Río Tea--, e tres en Portugal --río Miño, Corno do Bico e esteiros dous ríos Miño e Coura--.

O obxectivo, detallaron, é mellorar o estado de conservación dos hábitats fluviais e das principais especies migratorias de peixes, entre eles, o salmón, a anguía, a troita ou a lamprea e, ao mesmo tempo, pór en valor a pesca tradicional e contribuír ao desenvolvemento socioeconómico transfronteirizo.

O proxector gañador darase a coñecer o próximo mes de maio nunha cerimonia de entrega que se celebrará en Bruxelas. Ademais, tamén se poderá elixir o gañador do Premio da Cidadanía Europea, a través dunha votación pública que estará aberta ata o 27 de abril.

A Consellería destacou que conseguir esta distinción suporía un recoñecemento ao traballo conxunto realizado entre Galicia e Portugal na protección da biodiversidade e na conservación da natureza.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta