Ferido un home tras a colisión dun coche e un autobús en Santiago

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/03/2022 | Actualizada ás 10:11

Comparte esta noticia

Un home duns 56 anos de idade resultou nun accidente de tráfico rexistrado a media tarde deste pasado martes ao chocar un coche e un autobús en Santiago de Compostela.

Segundo os datos facilitados polo 112 Galicia, este sinistro tivo lugar a media tarde do pasado martes na costa de San Marcos e saldouse cunha persoa trasladada.

En concreto, unha ambulancia de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 levou ao hospital HM Rosaleda ao home ferido, J.R.A., de 56 anos, confirmaron a Europa Press fontes sanitarias.

Outro accidente entre un turismo e un autobús no lugar de Bribes, en Cambre
Outro accidente entre un turismo e un autobús no lugar de Bribes, en Cambre | Fonte: ÁRTABRA COMUNICACIÓN

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta