A Xunta destina máis de 190.000 euros a axudas para a creación audiovisual

En todos os casos a versión orixinal deberá ser en galego. O período de presentación de solicitudes está aberto ata o 22 de abril.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/03/2022 | Actualizada ás 14:52

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este mércores unha nova convocatoria de axudas á creación audiovisual para a promoción do talento galego, con 194.000 euros a distribuír entre 19 proxectos. Segundo informou a Consellería de Cultura nun comunicado, oito deles serán curtametraxes, tanto na súa fase de realización como de posproducción, a escritura de seis guións e a produción de tres longametraxes de dirección novel e de dúas webseries.

Estas subvencións autonómicas buscan favorecer a incorporación da nova creación á industria audiovisual galega para "promover a xeración de propostas narrativas de especial valor cinematográfico e contribuír ao enriquecemento cultural de Galicia mediante as distintas formas de expresión audiovisual, á vez que se facilita a súa función como instrumento para a normalización lingüística".

Así, reservaranse 30.000 euros para seis proxectos de guión en galego para longametraxes de cinema (modalidade A), 36.000 euros para a produción de seis curtas sobre proxecto (modalidade B1), 8.000 euros para dúas curtas en construción que realicen a súa posproducción en Galicia (modalidade B2), 90.000 para tres longametraxes cinematográficas de especial valor artístico e asinados por realizadores noveis (modalidade C), e 30.000 para proxectos de webserie cun mínimo de tres capítulos(modalidade D).

En todos os casos, puntualiza a Consellería, a versión orixinal deberá ser en galego. O período de presentación de solicitudes está aberto ata o 22 de abril.

Cámara de video
Cámara de video

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta