Revogada a concesión por 20 anos dos terreos da antiga Pontesa

Esta sentenza pode ser recorrida en casación no Tribunal Supremo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/03/2022 | Actualizada ás 18:21

Comparte esta noticia

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, valorou este mércores en rolda de prensa como "un gran avance na recuperación da enseada de Ulló" a sentenza da Audiencia Nacional que revoga a por vinte anos que Costas lle deu no ano 2017 á empresa Itaipú-Trade S.L. nos terreos da antiga fabrica de Pontesa.

Con este fallo, a Audiencia Nacional estima o recurso contencioso-administrativo interposto polo Concello de Pontevedra, fronte á Resolución da Directora Xeral de Sustentabilidade da Costa e do Mar, por delegación da Ministra, de 21 de decembro do 2017, declarando a nulidade da resolución recorrida no sentido de non haber lugar á prórroga da concesión.

Fernández Lores valorou esta sentenza como "un gran avance na recuperación da enseada de Ulló", no fondo da Ría de Pontevedra, na parroquia pontevedresa de Ponte Sampaio, unha "moi boa noticia" que "encaixa á perfección" co Día Mundial da auga que se celebrou este martes 22 de marzo. Esta sentenza pode ser recorrida en casación no Tribunal Supremo.

O alcalde de Pontevedra sinalou que esta sentenza vai na dirección de recuperar para uso público os 33.000 metros cadrados que foron enchidos no seu día, e ocupados no ano 59, por unha concesión de Costas que autorizou este proxecto para instalar unha fábrica dedicada á industria cerámica.

Aquela empresa cesou a súa produción no ano 2000 e despois estes terreos, incluíndo a fábrica, foron poxados e adxudicados no 2004. O Goberno permitiu o uso dos seus 33.000 metros cadrados unicamente como almacén e non para produción, prohibindo todo tipo de escavacións, recheos ou movementos de terreo.

ARGUMENTOS

Lores destacou que "os argumentos para revogar esta prórroga son exactamente os mesmos que foron utilizados para revogar a prórroga de ENCE". Por exemplo, "a imposibilidade de haber instalacións industriais en terreo marítimo terrestre que non xustifiquen que non poden estar noutro lugar", sinalou o rexedor nacionalista.

Ademais, neste caso a Avogacía do Estado tamén se achandou como fixo coa pasteira. O alcalde considera que esta nova sentenza confirma a argumentación realizada xa no caso de ENCE e que "a xurisprudencia é a mesma".

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, nunha entrevista para Europa Press
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, nunha entrevista para Europa Press | Fonte: Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta