O BNG pide ao Goberno "rectificar" na decisión sobre o Sahara, que cualifica de "traizón"

Os nacionalistas apoiarán as mobilizacións convocadas para este venres en Galicia como mostra de solidariedade.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/03/2022 | Actualizada ás 17:38

Comparte esta noticia

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, chamou ao Goberno de Pedro Sánchez a "rectificar" a decisión sobre o Sahara Occidental e a "respectar a legalidade internacional", así como a dar cumprimento ás resolucións da ONU. Neste sentido, apuntou que o BNG mantén o seu posicionamento a favor do dereito de autodeterminación do pobo saharauí. Así, os nacionalistas apoiarán as mobilizacións convocadas para este venres en Galicia como mostra de solidariedade.

A "viraxe" do Goberno sobre o conflito do Sahara supón "unha nova traizón" do Estado español ao pobo saharui. Rego lembra que non é a primeira ocasión en que o Estado español "traizoa" o pobo saharauí, xa que en 1975, no canto de "garantir o proceso de independencia e a soberanía" do Sahara Occidental, "cedeu ás presións" marroquís e "facilitou" que fose dividido entre Marrocos e Mauritania.

"Chamamos ao Goberno a rectificar esta posición imprudente e inxusta e a manterse ao lado da legalidade internacional, que é o cumprimento das resolucións da ONU para avanzar no proceso de autodeterminación do Sahara Occidental", sinalou Rego. Lembra que a legalidade internacional recolle a realización dun referendo, previsto desde hai máis de 40 anos.

Rego tamén pon de manifesto a posibilidade dun conflito con Alxeria, desde o punto de vista económico e político, tendo en conta que é o país principal abastecedor de gas a España, e nun momento de especiais dificultades económicas. Para o deputado nacionalista, a actuación do Executivo estatal, ademais de "inxusta", é "hipócrita", xa que ao mesmo tempo que defende a necesidade de "enviar armas a Ucraína para defender a soberanía do país fronte ao invasor ruso", no caso do Sahara "ponse de lado do invasor marroquí e deixa abandonado ao pobo invadido".

Néstor Rego, deputado do BNG no Congreso. BNG
Néstor Rego, deputado do BNG no Congreso. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

É a primeira vez que concordo totalmente coa valoración de Néstor Rego ! A Albares tocóulle o ministerio nunha tómbola ! https://twitter.com/00Memoria/statu... Estamos en mans de imbéciles integrais ! https://twitter.com/00Memoria/statu...