A nova xira de Tanxugueiras comeza este sábado na Coruña con 34 datas confirmadas

Olaia Maneiro, Aida Tarrío e Sabela Maneiro destacan a inclusión de "potencia, tradición e modernidade".

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 23/03/2022 | Actualizada ás 18:01

Comparte esta noticia

Tanxugueiras inicia este sábado na Coruña a súa nova xira, para a que xa están confirmadas 34 datas, segundo infomran. Trátase de 'Midas', que incluirá unha serie de directos cos que percorrerán a península ibérica e as Illas Baleares para dar a conocr o seu terceiro traballo, que verá a luz este ano.

Do mesmo, Olaia Maneiro, Aida Tarrío e Sabela Maneiro destacan a inclusión de "potencia, tradición e modernidade". Ademais, remarcan "a percusión, os ritmos urbanos, o baile tradicional e a voz, como especial protagonista", nun espectáculo "definido e contundente".

A Sala Pelícano da Coruña será a primeira parada desta xira, da que xa están confirmadas 34 datas, segundo informa a organización.

Tras a cidade herculina, visitarán o Auditorio Mar de Vigo, cita para a que tampouco quedan entradas dispoñibles. Logo seguirá a presentación en Biscaia, Barcelona, Navarra, Xirona ou Valladolid, entre outros lugares.

Cartel da Xira Midas. TANXUGUEIRAS
Cartel da Xira Midas. TANXUGUEIRAS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta