As escolas infantís suman outros 62 casos nunha semana

Os casos activos en centros educativos baixan ata os 1.829.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/03/2022 | Actualizada ás 18:44

Comparte esta noticia

Os casos activos de covid-19 en centros educativos de Galicia --que engloban as etapas comprendidas a partir dos 3 anos e Formación Profesional-- descenderon en 379 nunha semana e sitúanse en 1.829, a data deste mércores 23 de marzo. En canto ás infeccións activas nas escolas infantís experimentan unha alza de 62 casos, ata os 319, en relación ao mércores da pasada semana. Nas gardarías compútanse máis casos que hai oito días en todas as áreas.

Así se reflicte nos datos actualizados polas consellerías de Sanidade e de Educación, recollidos por Europa Press, que xa non especifican o número de casos vinculado a cada colexio, e abarcan unicamente ao total de casos activos por área sanitaria, que no caso de Lugo e Ourense se corresponden aos de toda a provincia.

No caso concreto das escolas infantís, as áreas sanitarias con máis casos son as da Coruña e Vigo, nas que ascenden ambas as a 72. A área compostelá experimentou unha alza tamén, ao pasar de 36 a 54 casos nunha semana. Pola súa banda, a de Ourense suma 33 casos; Ferrol, 32; Pontevedra, 31; e Lugo, 25.

CENTROS EDUCATIVOS

En canto aos centros educativos con alumnado maior de tres anos, a área con máis casos tamén é a de Vigo, con 346; seguida da da Coruña, con 345. A continuación, a de Santiago-Barbanza suma 336. Séguenlles a de Lugo, con 240 casos; Pontevedra, con 224; Ferrol, 188; e Ourense, con 150.

Un alumno de Educación Infantil e Primaria, no inicio do curso escolar 2021-2022
Un alumno de Educación Infantil e Primaria, no inicio do curso escolar 2021-2022 | Fonte: María José López - Europa Press - Arquivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta