Día Mundial do Medio Ambiente 2014: "Alza a túa voz, non o nivel do Mar"

O experto en cambio climático Juan Antonio Añel Cabanelas.

Por GCAgro | Oxford | 05/06/2014 | Actualizada ás 11:14

Comparte esta noticia

Juan Antonio Añel Cabanelas é un investigador ourensán que traballa na Universidade de Oxford en investigación climática e valoración de riscos para políticas de adaptación. Tamén é o coordinador científico de Climateprediction.net e traballa no proxecto ExCirEs da Universidade de Vigo.

Gráfica de aumento do nivel do mar
Gráfica de aumento do nivel do mar | Fonte: GC

Hoxe 5 de xuño celebramos o día mundial do medio ambiente. Este ano o lema elexido para este día é «Alza a túa voz, non o nivel do mar». Non é casualidade polo tanto que para celebralo se teña escollido Barbados, unha das rexións do noso planeta que xa sofre de problemas de falta de auga doce e moi ameazada polo aumento do nivel do mar.

Para facernos unha idea, Barbados é unha illa que se asemella en tamaño o dobre do concello de Santiago de Compostela e o seu punto máis alto está a 336 metros. É dicir, pouco máis do dobre do alto o que chega a torre de Hércules. O aumento do nivel do mar é un auténtico drama para os seus habitantes.

En Galicia estímase que por mor do cambio climático o mar sube tres centímetros cada dez anos. Visto en vertical parece pouco. Nembargantes según algúns informes equivale a que se contamos os próximos corenta anos cada cinco perdemos o oco para unha liña de toallas na praia.

Ademáis isto representa un perigo máis aló do puramente ecolóxico. Por exemplo para as construccións máis achegadas a liña de mar. Pensemos senón no efecto dunha subida do nivel do mar engadida a maior ocorrencia de tormentas cada vez máis fortes que estamos a ver e esperamos. Os estudos de estes efectos son algo realmente importante e que moitas empresas aseguradoras en todo o mundo poñen en práctica xa fai tempo.

O noso mar merece respeto, o mesmo que sinalaba Otero Pedrayo xa lles meteu no corpo as lexións romanas cando chegaron a Fisterra. Aproveitemos polo tanto o día de hoxe para concienciarnos de que con un mínimo esforzo podemos protexer o noso medio ambiente, para desfrutalo mellor e darllo os nosos fillos e netos o máis semellante posible a como o deixan os nosos pais e avós. Que eles poidan seguir pensando o mesmo que di unha canción de Rihanna, que xustamente é de Barbados: «atopo luz no fermoso mar», neste caso o noso mar galego.

Feliz día do medio ambiente.

Temporal no Porto Exterior da Coruña
Temporal no Porto Exterior da Coruña | Fonte: skyscrapercity
Juan Antonio Añel, experto en cambio climático
Juan Antonio Añel, experto en cambio climático | Fonte: GC
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 eueu

Aos do bnjajaja non lle interesan estas historias, coma ao pp. Prefiren legalizar ducias decanteiras ilegaias durante o bipartito co ppsoe