Esquerda Unida ve insuficiente o cesamento da comisaria de Pontevedra e pide expedientala

O seu cesamento como comisaria non implica a súa separación do corpo policial.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 23/03/2022 | Actualizada ás 21:08

Comparte esta noticia

Esquerda Unida trasladou que considera "insuficiente" a destitución da que era comisaria xefe da Policía Nacional en Pontevedra, Estíbaliz Palma, e esixiu a apertura dun expediente disciplinario. Palma foi destituída despois de transcender que pronunciou unhas polémicas palabras durante unha comida en Vigo en relación ao sucesido durante as manifestacións do procés.

"Houbo 48 horas en que parecía que a Policía Nacional se transformou e, de súpeto, violaba, maltrataba e non sei que cantas cousas facía máis, que xa lles gustaría a algunhas que as violase un UIP (antidisturbios)", dixo.

EU ve "gravísimas" estas manifestacións e sinala, ademais, que o seu cesamento como comisaria non implica a súa separación do corpo policial, polo que piden un expediente e "as máximas consecuencias previstas".

Estíbaliz Palma, ex comisaria de Pontevedra
Estíbaliz Palma, ex comisaria de Pontevedra | Fonte: Cadena Ser

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta