O sector alimentario chama a non facer compras masivas para evitar o desabastecemento

"A situación é moi complicada pero o sector é responsable e demostrouno durante toda a pandemia", din desde FIAB.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 24/03/2022 | Actualizada ás 11:06

Comparte esta noticia

O sector alimentario fixo un chamamento ás persoas consumidoras a non facer compras masivas nas portas do fin de semana para evitar o desabastecemento nun contexto marcado polo paro dos transportistas, que se reunirán de novo este xoves co Goberno para abordar e definir un paquete de medidas que consiga paliar o impacto do prezo dos carburantes na súa actividade.

En concreto, a directora de Competitividade e Sustentabilidade da Federación de Industrias de Alimentación e Bebidas (FIAB), Paloma Sánchez Pello, afirmou que a situación é "moi complicada" e advertiu de que se o Executivo non adopta xa medidas e solucións "as dificultades serán moi grandes nos próximos días".

"A xente ponse nerviosa ante a posibilidade de desabastecemento, o problema está moi complicado, pero o sector é responsable e demostrouno durante toda a pandemiae tentará por todos os medios abastecer sempre que poida", afirmou Sánchez Pello este xoves en declaracións a Telecinco recollidas por Europa Press.

A responsable de FIAB afirmou entender "perfectamente" as reivindicacións dos transportistas, porque as subidas dos carburantes e da enerxía son "inasumibles" para todas as empresas. "Están desorbitados, entendemos que as reivindicacións son lexítimas, pero pedimos que non se coarte a liberdade de movementos de mercadorías e que se facilite poder traballar a aqueles que non queiran secundar a folga", sinalou.

Na mesma liña pronunciouse onte o secretario xeral de Asedas, Felipe Medina, quen destacou o "gran compromiso" do gran consumo e lanzou unha mensaxe de tranquilidade aos consumidores porque se traballa na reorganización da variedade e en que os lineais conten con produtos de todas as categorías nun marco de "gran colaboración" cos provedores.

Pola súa banda, o presidente de ACES, Aurelio del Pino, pediu tamén aos consumidores que exerzan con responsabilidade as compras e eviten que sexan "compulsivas" e provisións masivas, que "lonxe de solucionar o problema complican aínda máis a xestión dos stocks nas tendas".

"Temos problemas de abastecemento, pero non haberá problemas de desabastecemento, as tendas van ter dispoñibilidade de cestas de alimentación completas", asegurou Del Pino, quen solicitou aos consumidores que sigan utilizando as súas pautas de comercio normais.

Venda de aceite en supermercado, limitación da venda de aceite de girasol nun supermercado
Venda de aceite en supermercado, limitación da venda de aceite de girasol nun supermercado | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta