Gran crecemento das vendas do sector servizos en Galicia, pero antes da guerra de Ucraína

A hostalaría duplica vendas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/03/2022 | Actualizada ás 11:15

Comparte esta noticia

A facturación o sector servizos de Galicia disparouse un 39,9% en xaneiro en comparación co mesmo mes de 2021, segundo os datos que publica o Instituto Nacional de Estadísticia (INE) este xoves.

Este incremento é o segundo maior do país, só por detrás de Canarias (+41,6%). O aumento galego é 15 puntos superior á media de avance, que se sitúa no 24,4% interanual. O de Galicia supón a maior alza desde abril de 2021. Deste xeito, os servizos encadean 11 meses consecutivos de subidas interanuais, xa que a última caída produciuse en febreiro de 2021.

No tocante á ocupación, elévase un 3,2% na comunidade galega no sector servizos, por baixo do 4% que se computa na media española.

DATOS ESTATAIS

O sector servizos elevou a súa facturación un 24,4% no Estado en xaneiro respecto ao mesmo mes de 2021, taxa case seis puntos superior á do mes anterior e a máis elevada desde novembro do ano pasado, cando tamén subiu un 24,4%.

Vendas do sector servizos en xaneiro de 2022. EPDATA
Vendas do sector servizos en xaneiro de 2022. EPDATA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta