Mazaricos, sede da primeira Copa da Asociación de Fútbol Gaélico

O evento terá lugar o vindeiro sábado, 26 de marzo nos campos da Picota (pola mañá) e Pino de Val (dende a mañá ata a tarde)

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 24/03/2022 | Actualizada ás 21:35

Comparte esta noticia

A I Copa da Asociación de Fútbol Gaélico traerá este deporte a Mazaricos o vindeiro sábado, 26 de marzo. O evento, que contará coa participación de algúns dos principais clubs de Galicia, terá lugar dende as 11 da mañá nos campos de fútbol da Picota (só pola mañá) e Pino de Val (dende a mañá ata a tardiña).

Partido de fútbol gaélico da liga galega.
Partido de fútbol gaélico da liga galega.

Na Copa tomarán parte os Fillos de Breogán, Estrela Vermelha, Keltoi, Lume de Beltane, Cambados, Auriense e un combinado formado por xogadores do Inmardinhos e Herdeiros de Dhais.

A Copa está organizada polo Mazaricos CF en colaboración co Concello de Mazaricos. O concelleiro de Deportes, Jorge Villar, sinala que "no concello consideramos moi interesante ampliar as actividades deportivas e os eventos que ofrecemos á veciñanza, sobre todo tratándose dun deporte coma este tan ligado a valores de compañeirismo".

Explica o edil que "os adestramentos comezaron grazas a Anxo Agra, o adestrador, e acabamos xuntando un grupo de 10 que axiña pasou a ser de 20 persoas que nos permite organizar este evento e pór Mazaricos no mapa do gaélico.

Anxo Agra, pola súa banda, explica que "coñecín o deporte en Irlanda, e chamoume a atención primeiro o abertos que eran os xogadores e segundo a capacidade, dun deporte amateur, de encher estadios con ata 100.000 persoas alá en Irlanda".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta